sábado, 31 de xaneiro de 2015

RECURSOS PARA TRABALLAR A IDADE MEDIA

Dúas  excelentes presentación sobre a Idade Media  apropiadas ( pese ao título) para rapaces de terceiro a sexto.






Power point edad media from CONSUELOCANTON


Un traballo sobre os castelos para Infantil e o Primeiro ciclo.

Los castillos de la Edad Media from Myriam Díaz Morales


PARA SABER MÁIS
Unha presentación sobre a sociedade da Idade Media axeitada para os maiores do cole e para os que teñan  curiosidade. 

CABALEIROS E CASTELOS

Un traballo fantástico sobre a Idade Media. Seguro que vos gusta.



CABALLEROS Y CASTILLOS

ENTROIDO PORTOFARO

Este curso o tema escollido para o Entroido é a Idade Media, a época dos cabaleiros e os castelos.

Este tema ten moito que ver coa historia da nosa bisbarra:



  • O topónimo O  TEMPLE ten que ver coa existencia dun castelo dos cabaleiros templarios.
  • O nome de O Burgo fai referencia a unha importante vila O BURGO DE FARO que xa aparece en documentos do S. XII.
  • O nome do noso centro PORTOFARO ven do porto e mercado que existía nesta vila.
Aquí vos deixamos unha presentación moi sinxela para explicar as orixes destes nomes.















xoves, 15 de xaneiro de 2015

UN POEMA PARA A PAZ


We sang the song

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO (Petando nas portas de Dylan) 


Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que limpen o sangue 
que tinxe as ondas do mar.

Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que os seres humanos
poidan tomarse da man
Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que certas feridas
poidan un día cerrar.

Cantamos esa canción, 
esta, aquela e moitas máis,
para que as aves no ceo
nunca deixen de voar.

Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que cubran as guerras
sabas con brumas de paz

30 xaneiro 2015


DÍA DA PAZ


martes, 13 de xaneiro de 2015

CONTOS PARA O DÍA DA PAZ

 Selección de Contos para Ver e Ler (Unitaria de Vide)

RECURSOS LIM PARA TRABALLAR A PAZ

- "Entre todos construimos a paz" (Ana Martínez Rey) --Url--- O soño de Lolo


 - --

DÍA DA PAZ     
JULIA GONZÁLEZ




FRASES DE GANDHI SOBRE A PAZ


"Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño".
"Ollo por ollo e o mundo acabará cego".
"O que se obtén coa violencia só se pode manter coa violencia" 
  

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Por que celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA  o 30 de xaneiro?
O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.


Quen era Gandhi?
 Mohandas Karamchand Gandhi coñecido coma Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos  fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.
Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico,  O principio do satyagraha, tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Gañou notoriedade internacional pola súa política de desobediencia civil e polo uso do xexún como forma de protesta. Por eses motivos as autoridades inglesas decretaron a súa prisión varias veces, que foron seguidas por protestas pedindo a súa liberación
Gandhi tivo grande influencia entre as comunidades hindú e musulmá da India. Adóitase dicir que el terminaba liortas comunais só coa súa presenza.
Gandhi iniciara un xexún o 13 de xaneiro de 1948 en protesta contra a violencia cometida por indios e paquistanís. No día 20 daquel mes, sofreu un atentado: unha bomba foi lanzada na súa dirección, mais ninguén foi ferido. Non obstante, o dia 30 de xaneiro de 1948, Gandhi foi asasinado a tiros, en Nova Delhi, por Nathuron Gods.
O último rogo de Gandhi foi  e que non se castigase ao seu asasino.
O corpo do Mahatma foi cremado e as súas cinzas botadas no río Ganxes.
Recibiu Gandhi o Premio Nobel da Paz?
Gandhi nunca recibiu o premio Nobel da Paz, a pesar de ter sido proposto como candidato cinco veces. Décadas despois o erro foi recoñecido polo comité organizador do Nobel. Cando o Dalai Lama Tenzin Gyatso recibiu o premio en 1989, o presidente do comité dixo que o premio era "en parte un tributo á memoria de Mahatma Gandhi