xoves, 24 de xaneiro de 2019

POESÍA POLA PAZ

We sang the song


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO      
(Petando nas portas de Dylan) 

Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que limpen o sangue 
que tinxe as ondas do mar.
Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que os seres humanos
poidan tomarse da man
Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que certas feridas
poidan un día cerrar.

Cantamos esa canción, 
esta, aquela e moitas máis,
para que as aves no ceo
nunca deixen de voar.
Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que cubran as guerras
sabas con brumas de paz

30 xaneiro 2019

DÍA DA PAZ

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ





O CASTELO DE AREA un conto con actividades LIM







CONTOS DE PAZ










BATALLA DE NAIPES



La paz negros y blancos from correodecroly

CONTOS PARA A PAZ

galego
conto narrado

portugués
conto narrado

galego
parar ler

galego
conto narrado

galego
para ler

castelán
para ler
galego
para ler

portugués
para ler

castellano
conto narrado

Album de imaxes

galego
conto narrado

castelán
conto narrado












CANCIÓNS POLA PAZ















xoves, 10 de xaneiro de 2019

BUSCAMOS MASCOTA PARA A NOSA BIBBLIOTECA

     A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA


1-   Cada alumno/a poderá presentar un debuxo, no papel que se lle entregará na clase.

2-    A mascota estará debuxada, coloreada e debe ter un nome.

3-    O nome do alumno/a  e o seu curso deberá aparecer na parte de atrás.

4-   Escolleremos  dous  debuxos por nivel que se expoñerán para que todos poidamos velos. De entre os debuxos seleccionados escolleremos a mascota da nosa biblioteca.   

5-   Haberá grandes premios para todos os finalistas e un magnífico premio para o gañador/a.


6-   Todos os participantes terán un pequeno obsequio.


7-   Os debuxos entregaranse ao titor de cada grupo.


8-    O prazo de entrega finaliza  o 25 de xaneiro. 

PARTICIPA!!!

Necesitas inspiración? Aquí tes mascotas doutras bibliotecas.






 


























CONTAMOS CON TODOS VÓS!!!