luns, 4 de abril de 2016

ENLACES A ACTIVIDADES LIM E ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR

Un estupendo traballo do  CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ de OURAL- SARRIA que inclue un orixinal RAP, un pequeno poemario e actividades LIM para todos os niveis.

 ACTIVIDADE LIM MANUEL MARÍA



ACTIVIDADES DO SEMINARIO DE GALÁN (ARTEIXO)



ACTIVIDADE LIM SOBRE O POEMA "O CARRO"



UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR EN LIÑA SOBRE MANUEL MARÍA


UNIDADE DIDÁCTICA EDUCACIÓN INFANTIL


UNIDADE DIDÁCTICA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA



UNIDADE DIDÁCTICA PARA 3º E 4º DE E.P.


MANUEL MARÍA. RECURSOS




MANUEL MARÍA

 

MANUEL MARÍA

A FALA


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble, 
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida, 
o coitelo da dor, 
o marmurio do vento, 
a palabra de amor.

O idioma é o tempo, 
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.



O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo, 
maxicamente vello, 
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa, 
a creación común 
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!


O idioma é o amor, 
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer. 
Precisamos a lingua
se queremos vencer!