domingo, 28 de xaneiro de 2018

O ENTROIDO DA ARTE ( Continuación)

3 EP- DALÍ







4 EP- CAMIÑO DE SANTIAGO




Para nós ten unha especial importancia O CAMIÑO INGLÉS  xa que pasaba polos concellos de Cambre e Culleredo  e está relacionado co porto eo FARUM que existiron ao pé da encomenda templaria. O nome do noso centro PORTOFARO lembra esta etapa da nosa historia.
A seguinte información está copiada  da web do Concello de Culleredo.


O Camiño Inglés

O Camiño Inglés de peregrinación discorría entre os portos do Golfo Ártabro e Santiago, presentando varias rotas alternativas, entre elas o chamado "Camiño de Faro". Debe o nome ao seu punto de partida, o antigo arciprestado de Faro, que abranguía, fundamentalmente, os actuais concellos de A Coruña, Culleredo e Arteixo. Percorre a distancia entre A Coruña e Santiago polas terras do interior: Culleredo, Cambre, Carral, Val de Barcia, Hospital de Bruma, Poulo, Sigüeiro e Santiago.
Os principais portos de procedencia de peregrinos eran os situados no sur de Inglaterra, Irlanda e a costa occidental francesa; desde alí a travesía duraba arredor duns cinco días. Sen dúbida, foi esta unha razón de peso para que moitos escollesen esta opción, fronte á longa peregrinación terrestre, que como pouco requiría cinco ou seis meses.
A estratéxica situación atlántica propiciou a escala de barcos que navegaban entre o norte de Europa e o Mediterráneo, como as expedicións de cruzados que en varias ocasións fixeron porto na Coruña, desde onde se desprazaban a Santiago para encomendárense ao Apóstolo antes de proseguiren a súa rota. Entre elas destaca a que chegou á Coruña en 1217, composta por 350 navíos de cruzados alemáns, frisóns, noruegueses e flamengos. Ademais, a garantía da protección real aos barcos fomentou o desenvolvemento das relacións comerciais co Atlántico norte, e en definitiva con Europa.
No século XII aparece con forza na documentación o chamado Burgo de Faro, seguramente xa existente nos séculos IX e X. Importante núcleo urbano (tense dito que, a mediados do século XII, só as cidades episcopais, Allariz e o Burgo eran os únicos enclaves urbanos de Galicia), nel asentáronse os templarios, coa súa bailía de Faro, señores da metade do Burgo de Faro, a Catedral de Santiago, que señoreaba a outra metade, e o mosteiro de Sobrado, con moitas posesións en rendas, tanto do Burgo como do seu porto, que construiría os muíños de Acea de Ama, aínda existentes.
Ao Burgo de Faro chegaban barcos con mercadorías e peregrinos do norte de Europa. Foi moi protexido polos monarcas Afonso VII e Fernando II, así como polos Condes de Traba.
No século XII documéntase no Burgo a existencia da confraría de San Miguel, que agrupaba aos alfaiates.

A fundación da Coruña, a comezos do XIII, marcaría o comezo do declive do Burgo de Faro, aínda que os templarios seguírono potenciando ata a desaparición da Orde, en 1312.

5º EP-  POP-ART













 


6º EP- O GRAFFITI

















O ENTROIDO DA ARTE

Este Entroido o CEIP PORTOFARO vístese de arte  e rinde homenaxe a varios artistas e ao noso patrimonio cultural.
Desde Van Gogh ata os graffiti pasando polo camiño de Santiago, todos teñen cabida no noso Entroido.
Queredes saber máis sobre os artistas dos que vos ides disfrazar? pois seguide con nós e averiguarédelo.

EI -3 MIRÓ
UNHA PEQUENA BIOGRAFÍA




PRESENTACIÓN DE ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS


ANIMACIÓNS SOBRE OS SEUS CADROS




EI -4 KANDINSKY

UNHA PEQUENA BIOGRAFÍA








EI -5 MONDRIÁN











1º EP- VAN GOGH












2º EP.- GAUDÍ