mércores, 18 de abril de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

 

 

Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez naceu na vila cacereña de Valencia de Alcántara o 1 de maio de 1939.

O pai Vicente faleceu de tuberculose e a familia  queda nunha mala situación económica, polo que María Victoria debe deixar durante dous anos oa sus estudos. Aos doce anos, María Victoria consegue praza de interna nun colexio de Barcelona para cursar os estudos de bacharelato.


Unha vez rematado o bacharelato, en 1959, comezou Mª Victoria os estudos na Universidade Complutense de Madrid.
  
Alí coñeceu o que sería o seu primeiro marido, o valenciano José Luis Llácer, co que casaría no verán de 1963. José Luis era invidente dende os tres anos e María Victoria exercía de lectora para el, ao tempo que facía traducións do francés para a ONCE.

Veñen para Galicia cando el foi destinado ao Colexio Santiago Apóstolo en Pontevedra, un colexio dependente da ONCE e no que recibían formación específica os invidentes. María Victoria foi contratada como profesora de instituto.
                                 
En Pontevedra, Mª Victoria aproba as oposicións como profesora de Lingua e Literatura Españoa e é destinada, en 1965, ao Instituto Masculino de Lugo. Nesta época comeza a coñecer a literatura galega e a nosa cultura.

Dous anos despois volta a Pontevedra para dar clases de literatura española no Instituto Feminino, o que máis tarde será o IES «Valle Inclán». Aquí estará ata o ano 1986. Nesta época adquire un compromiso firme co noso idioma e, en 1972, comeza a impartir cursos de galego para adultos en diferentes vilas galegas.

No ano 1973 abre, en Pontevedra, na rúa Andrés Muruais e en unión do seu marido e outros compañeiros e amigos, a libraría Xuntanza.



Neste tempo, María Victoria e José Luis adoptan a Begoña e Carlos Alberto, dous irmáns.


Son anos dunha gran actividade literaria: publica  Mar Adiante    e gaña o 1º Premio de Contos Infantís O Facho, da Coruña, coa obra «O cataventos» . 

En 1986 publica «Leonardo e os fontaneiros» e a  «A festa no faiado»,   e no 1988  o seu libro máis   importante  «Anagnórise».






É nomeada  responsable da colección Árbore da Editorial Galaxia, adicada á publicación de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil.

Segue escribindo e publicando libros  «Verso e Prosa», «As linguas de España», «Querida avoa», «Pan con chocolate», «O libro das saudades e os degoiros», «Un cachiño de bica»,
«E haberá tirón de orellas?», «Guedellas de seda e liño».














Pero nesta época tamén hai momentos duros, José Luis, o seu marido, falece a principios de 1996 e pouco despois a ela diagnostícaselle un cancro de mama. 

Casou, en segundas nupcias, con Pedro Ferriol, un cubano con raíces galegas e capitán da mariña mercante que dende Cuba descubrira a súa literatura.




O 22 de novembro de 2005, o mesmo ano da publicación de «Eu conto, ti cantas...», faleceu no Hospital Provincial de Pontevedra.










CANCIÓN ADICADA A MARÍA VICTORIA 
MORENO










Ningún comentario:

Publicar un comentario