domingo, 28 de outubro de 2018

CHEGOU O MAGOSTO


 O CASTIÑEIRO E O  MAGOSTO



Enderezo: Estrada  Matamá-Pazo, 104
 Santo  André de Comesaña- Vigo






A HISTORIA DO CASTIÑEIRO


O castiñeiro estivo presente en Galicia dende épocas xeolóxicas
.
Restos fósiles de especies moi similares aos nosos castiñeiros, de hai 8,5 millóns de anos e grans de pole de castaño nas nosas tobeiras, con 5.000 anos de antigüidade, testemuñan que esta árbore é propia desta terra dende hai moito tempo.
Ata hai pouco, pensábase que o castiñeiro o introduciran en Galicia os romanos, hai aproximadamente 2.000 anos. Hoxe sabemos que o que fixeron os romanos foi distribuílo e fomentar o seu cultivo.


Ao longo do tempo fóronse seleccionando as mellores variedades, é diciras que producían máis e mellores froitos e madeira de maior calidade. 
Hai máis de 500 anos os soutos estendíanse por toda Galicia.  Actualmente a súa distribución é moi limitada, atopándose só nas bisbarras máis orientais e de elevación media de Lugo e Ourense.

 Durante a romanización perfecciónanse as prácticas agrícolas, dedícanse ó cultivo as terras máis fértiles, e ademais de introducirense novos cultivos lévanse tamén a cabo novas plantacións de árbores útiles como é o caso do castiñeiro.


Os romanos eran sabedores do valor alimenticio da castaña e xa dispuñan de boas variedades, que ían plantando nos lugares a medida que os ían conquistando. 

A caída do Imperio Romano trouxo novos tempos de inestabilidade e retroceso social, nos que o cultivo do castiñeiro non prosperou ou se substituíu por outros.
 
Co desenvolvemento da Reconquista colonizáronse de novo as terras abandonadas. Tamén hai que ter presente a importancia que tiveron os mosteiros no espallamento do cultivo do castiñeiro.
 Así en Galicia existen noticias de colonizacións realizadas durante os séculos X e XI polos frades bieitos de Celanova nas que introducen o cultivo do castiñeiro xunto con outros coma o viño, en lugares onde aínda non se coñecían.
Na Alta Idade Media o cultivo do castiñeiro perdeu importancia en toda Europa, debido aos brotes de peste e aos grandes períodos de guerras. Non se sementou de novo ata que chegou a fin destes acontecementos.

A aparición da enfermidade da tinta, ao redor d1750, minguou a extensión e uso do castiñeiro
A importación do millo de América supuxo a fin do seu apoxeo e un grande alivio para as frecuentes épocas de gran fame que devastaban ós campesiños.
 No século XVIII soutos enteiros pincháronse brutalmente para o cultivo da nova especie e da pataca especialmente  nas boas terras forestais da provincia de Pontevedra. 


CARACTERÍSTICAS

A especie europea de castiñeiro é Castanea sativa.
 Este é o seu nome científico. 
A primeira palabra indica o xénero e fai referencia á cidade de Kastana, na actual Turquía, onde se cre que comezou o seu cultivo. Kastana é unha cidade do Ponto (Mar Negro) onde había moitos castiñeiros. Sativa ven do lat.: cultivado, plantado e corresponde á especie; indícanos que se cultiva para algún beneficio (alimento, madeira…) 

O castiñeiro, ou castiro, "castanea sativa"vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos
 Pero o noso castiñeiro non é o único! Doce especies de castiñeiro repártense polas zonas temperadas do hemisferio norte, como por exemplo Castanea crenata (vive en Xapón e Corea), Castanea dentata (de América do Norte), Castanea mollisima (na China)…

En Galicia consérvanse, polo menos, 15 variedades principais de castiñeiro.

   As diferentes calidades de cada variedade de castiñeiro fan que unhas castañas sexan mellores ca outras para o mercado en fresco, algunhas para a transformación industrial, ou para usos  tradicionais menos intensivos.

 
PARTES DA ÁRBORE
A ÁRBORE
Pode alcanzar os trinta metros da altura. Copa redondeada. Pintas vermellas.
O nome do colectivo é castiñeira, souto ou castañal


TRONCO
A madeira do castiñeiro e de cor amarela de aspecto similar ao carballo. É máis doada de manexar e é máis estable.
Cando é novo, a súa cortiza é de cor cinza-pardenta, máis ou menos abrancazada, e lisa, coa copa non moi densa. Sobre os 50 anos alcanza o seu tamaño definitivo. A súa cortiza comeza a ensanchar, mudar de cor cara a un ton castaño escuro e a formar gretas profundas. A súa copa xa é densa e con moitas pólas, ofrecendo unha sombra perfecta. De vello, no tronco aparecen  cavidades que proporcionan un escondedoiro perfecto a diferentes criaturas da natureza.

É unha madeira elástica, dura e de gran resistencia á humidade, moi apreciada en carpintaría. As súas pólas utilízanse na fabricación de cestas e toneis

FOLLAS
Folla caduca. Perde as súas follas no inverno. 
Son simples; teñen forma de lanza fortemente dentada e alterna e cos dentes nos bordes.

 
Coa caída das follas no inverno, as pólas quedan ao descuberto. No extremo das máis pequenas, atoparás unha  especie de diminutos botóns de cor castaña. Denomínanse, xemas. No seu interior, ben protexidas do frío, agardan a que chegue a primavera as follas do vindeiro ano


FLORES
 A flor é a candea ou candeón. 

É moi valorado o mel de candeón.
 As abellas extraen mel con propiedades curativas en problemas de anemia por falta de ferro, Sirve para acelerar a circulación sanguínea e tamén actúa de astrinxente en diarreas.
 As flores son diminutas. Agrúpanse en acios (fileiras acopladas a un rabillode cor amarela.
 A polinización é por insectos

A época de floración do castiñeiro é de maio a xullo. 
Nunha mesma árbore atópanse flores masculinas e femininas.

A cor amarelada que toma a ramaxe en primavera débese ás flores masculinas, 

que son verdes cando son novas e de ton pardo ao murcharse.  
As femininas, menos rechamantes, pasan case desapercibidas. Están xusto debaixo das masculinas, agrupadas e protexidas por unha envoltura exterior

FROITO
 É a castaña que se presenta en grupos de 2-3 recubertas por unha cúpula verde con espiñas, o ourizo de até 4 cm de diámetro. Ao madurecer o ourizo cae e deixa saír a castaña. 
É  de cor marrón escura.  Madura en outono, entre as datas do San Miguel (29 de setembro) e o San Martiño (11 de novembro).

As castañas que non saíron do seu cárcere de pugas na árbore, pode que consigan a súa liberdade cando os ourizos vaian parar, tamén ao chan.
Constitúen o alimento de moitos animais coma o xabaril, rato de campo, porco teixo, corzo, esquío, pega… Algunhas das que sobrevivan ao festín darán lugar a un novo castiñeiro, pero aínda pasarán moitos anos ata que estes novos castiñeiros dean froito e comecen de novo a pechar o ciclo.
Poucas árbores prestaron tanto servizo á humanidade como o castiñeiro, ademais da súa madeira, o seu froito  salvou de morrer de fame a moitas poboacións e segue consumíndose polo seu alto poder alimenticio en hidratos de carbono.
Ata o descubrimento de América e a introducción da pataca e o millo en Europa, a dieta dos nosos devanceiros baseábase no "millo miúdo" (mijo) e nas castañas.  Para darnos de conta da súa importancia, teremos de saber que así  como ó americano "maíz" chamámoslle millo en toda Galicia,  nalgunhas bisbarras chamaron ás patacas "castañolas" ou "castañas da terra.
    A  madeira do castiñeiro serviu para facer lume e resulta de grande utilidade 
para a fabricación de mobles, apeiros de labranza, trabes das casas, portas, fiestras, cancelos, cercados e tamén os cestos empregados en tan diversas tarefas agrícolas da nosa cultura



,                                                                                                                          

CASTIÑEIROS SENLLEIROS

O castiñeiro de Pumbariños é a arbore de maior perímetro e o castiñeiro máis vello de Galicia. Está no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 12´15 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos estendidos, para abrancar todo o seu contorno. Está situado no Souto de Rozavales, no lugar de Rozavales da parroquia de San Martiño de Manzaneda.

Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, a tres km de Lalín, dentro dun fermoso bosque formado por carballos e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela teñen arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso excede os 30 metros.

E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que aínda dá moitas e boas castañas.

VARIEDADES DE CASTAÑAS

O froito do castiñeiro é a castaña que se presenta en grupos de 2-3 recubertas por unha cúpula verde con espiñas, o ourizo de até 4 cm de diámetro E e de cor marrón escura. e madura en outonoTradicionalmente se utilizaron  cinco  carácteres (ainda que hai case cen )  para definir as variedades de castañas galegas:
  • 1lonxitude das espiñas dos ourizos: tiña importancia durante a colleita para a súa manipulación.
  • 2número de castañas válidas (útiles para o consumo) en cada ourizo: é importante para determinar a produtividade dun castiñeiro.As castañas de peor calidade ou aspecto sempre podían servir de alimento para o gando.
  • 3O calibre ou tamaño da castañaé importante para a presentación do produto.
  • 4peladurafoi sempre unha característica a ter en conta. Hoxe en día, segue a ser  importante para a manipulación industrial.
  • 5. tabicadochámase marrón á castaña que case non está tabicada. 
    Ou sexa, na que a pel apenas penetra na carne. Isto facilita a peladura e a presentación, sobre todo, no delicioso marrón glacé.

Coñecemos moitas variedades e nomes de castañas:
 BercianaDe Lemos    Desgrañadiza
 LongalParadesa    Calva
 NegralDo País     Monfortina
 PatacudaDe cedo    Culona,
 VerdeGarrida    Maceirá
 PortuguesaBlanca    Rapada,
 CoureláSalnesa    Pelada
 CabezudaRaigona     Amarelante,
 GalegaPresa     Peluda
 
Maia: a pilonga ou seca, e afumada.
Pilonga: castaña seca.      
 Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.Mamota: cocida coas dúas cascas, zoncho;  
 Enxeridas: formadas por varias pezasBullote: castaña asada no tixolo ou cacho. 
   

CULTURA  DA  CASTAÑA 

O home buscou dende sempre un alimento rico en hidratos de carbono e fécula que puidese almacenarse en época de abundancia, para consumilo nos duros meses do inverno. A castaña era a ideal para este papel, pois dáse ben nas condicións particulares de Galicia: escasos días de sol, abundantes choivas ou ausencia de animais capaces de afectar a un cultivo tan recio coma este.  

Como xa dixemos, do castiñeiro aproveitámolo todo: o froito para alimento, moi boa madeira para mobles, taninos de follas e cascas para o curtido e tinte de coiros.
Na súa composición atopamos: hidratos de carbono, zucres, almidón, potasio, fósforo, vitaminas e outros minerais.

A castaña é o froito máis ligado á nosa cultura. 
Como herdanza dos tempos nos que a castaña era un recurso imprescindible en moitas zonas de Galicia, quédanos un gran patrimonio cultural. Así se reflicte no amplo vocabulario que a identifica nas súas diferentes formas e fases de crecemento; no noso refraneiro popular; en múltiples expresións que utilizamos a cotíonalgúns apelidos como Castiñeiras, Castiñeiro, Souto..., Tamén en topónimos coma Cequeril, Souto; en construcións tradicionais coma os sequeiros. E, por suposto, na festa por excelencia da castaña, O MAGOSTO. 

Tamen as romarías se facían nos soutos de castiñeiros porque eles dan a mellor sombra nos días de verán; debaixo deles estase fresco e corre o aire.
Para que as castañas duren todo o inverno, hai que seguir os métodos tradicionais. 

VOCABULARIO GALEGO DA CASTAÑA

 Os países da riveira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut.


Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.

 Arbus panis: os romanos chamábanlle ó castiñeiro árbore do pan, xa que nos tempos de malas colleitas facíase o pan con fariña de castaña.
 Barexar: trasnada dos cativos que van roubar castañas ós vecinos para o magosto.
 Bullote: torta de fariña de castaña consumida polos lexionarios romanos.
 Cacho: tixolo.
 Coco: verme da castaña.
 Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas.
 Debullar: quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada.
 Enxerimento: superficie onde remata a castaña.
 Moreas: xeito de xunta-los ourizos para golpealos e separa-la castaña do ourizo.
 Petela: pinzas de madeira coas que se apañan as castañas do ourizo.
 Picós: anacos das cascas  procedentes da pisa ou do bandoxo empregados para ceba-los porcos.
 Rangalleira: Dise que o día do magosto o viño “corre á rangalleira”.
 Suchar: Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma. Chuchar.
 Taloura: vara longa coa que se abanea o castaño para que pinguen os ourizos; tamén é bareiro.
 Tixolo: tixola de ferro con buratos onde se asan as castañas. Cacho.
 Tonas: cascas da castaña.
 Trasmocho: castiñeiro que medra máis ó ancho que ó alto pola acción do home, que o poda coma se fose un frutal. Deste xeito, obtéñense máis castañas, temos polas grandes para madeira en poucos anos, e non desaparece a árbore.
 Xemas: partes da castaña. 


O  MAGOSTO 


O magosto é unha celebración festiva de carácter cíclico porque representa o paso a outro ciclo agrícola  e gastronómica porque coincide coa matanza, co viño novo e coa colleita das castañas. É a festa gastronómica máis vencellada coa castaña.
Existen varias teorías sobre a orixe do nome do magosto a máis estendida é que vén do latín magus ustus algo así co significado de "gran/máxica fogueira”.
O magosto tradicional é  unha merenda-cea no mes de novembronos días próximos ao San Martiño.
Todo magosto comeza polo ritual de recoller a leña para a cacharela, que simboliza ao deus sol, dador de vida e purificador das ánimas. Os veciños aportan as castañas e outras viandas –chourizos, empanadas, cocido, , churrasco  e patacas– e viño novo para  unha comida conunitaria  que simboliza os vencellos sociais da comunidade. O lume da cacharela  serve para dar gracias polos froitos recibidos, por tanto é un sacrilexio apagalo.
Cando o lume está aceso, pícanse as castañas para que non rebenten coa calor. Xa coa cacharela apagada, amorean as brasas e poñen un cilindro metálico con furados que poida xirar sobre o lume no que se colocarán as castañas xa picadas. Cun pau longo de madeira vaiselle dando voltas ata que estean no seu punto. As castañas tamén poden asarse no lume directamente.
Mentres se asan as catañas, os participantes fan cucuruchos con papel para poder collelas sen queimarse.
Ao longo da festa faranse xogos populares, bailes, cóntanse contos, cántase…, e como non, saltase a fogata para que dea boa sorte.

Cando había moitos rapaces en Galicia eran estes os que andaban á pillota para facer os primeiros magostos.
Logo os castiñeiros atoléiranse ou sacódense cunha baloira ou pau longo e flexible para chimpar os ourizos. Os ourizos xuntábanse todos nunha pila ou ouriceira e, ó podrecer, soltan a castaña con facilidade.
Hoxe non hai quen sacuda os castiñeiros e as castañas van caendo pouco a pouco e cóllense no chan. Moitas veces nin se apañan e cómenas os coellos, corzos ou xabarís
.
As castañas comíanse asadas, cocidas, ou se facía fariña coas castañas secas ou "pilongas"para alimentarse durante todo o ano.
Para poder degustalas con maior comodidade, nalgúns sitios as sirven nun cucurucho ou atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar chamado 
“zonchos
". Coas castañas pilongas, secadas ó fume no canizo mesturadas con sangue de porco, fariña de millo e leite fanse as bolas, embutidos en tripa de porco que se comen no inverno acompañando ó leite do almorzo. As castañas pilongas tamén se comen con ovos fritidos
Hai anos, no tempo dos magostos era doado toparse coas castañeiras vendendo a súa mercancía nas esquinas dalgunhas rúas de Compostela, Ourense, e outras vilas, berrando ¡que ferven, castañas quentiñas!.
Hoxe aínda podemos atopar vendedores ambulantes
 cun vello carro de ferro asando castañas na rúa. Son parte inseparable da paisaxe urbana de outono, xunto con cornetes de papel cheos de
 castañas quentes


Ningún comentario:

Publicar un comentario