Por que celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA o 30
de xaneiro?
O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional
e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948,
asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Quen era Gandhi?
Mohandas Karamchand Gandhi coñecido coma Mahatma
Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar
(Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948,
foi un dos fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do
Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un
medio de revolución.
Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico,
O principio do satyagraha, tamén inspirou xeracións de activistas
democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Gañou notoriedade internacional pola súa política de desobediencia civil e polo uso do xexún como forma de protesta. Por eses motivos as autoridades inglesas decretaron a súa prisión varias veces, que foron seguidas por protestas pedindo a súa liberación
Gandhi tivo grande influencia entre as comunidades hindú e musulmá da India. Adóitase dicir que el terminaba liortas comunais só coa súa presenza.
Gandhi iniciara un xexún o 13 de xaneiro de 1948 en protesta contra a violencia cometida por indios e paquistanís. No día 20 daquel mes, sofreu un atentado: unha bomba foi lanzada na súa dirección, mais ninguén foi ferido. Non obstante, o dia 30 de xaneiro de 1948, Gandhi foi asasinado a tiros, en Nova Delhi, por Nathuron Gods.
O último rogo de Gandhi foi e que non se castigase ao seu asasino.
O corpo do Mahatma foi cremado e as súas cinzas botadas no río Ganxes.
Gandhi nunca recibiu o
premio Nobel da Paz, a pesar de ter sido proposto como candidato cinco
veces. Décadas despois o erro foi recoñecido polo comité organizador do
Nobel. Cando o Dalai Lama Tenzin Gyatso recibiu o premio en 1989, o presidente
do comité dixo que o premio era "en parte un tributo á memoria de Mahatma
GandhiGañou notoriedade internacional pola súa política de desobediencia civil e polo uso do xexún como forma de protesta. Por eses motivos as autoridades inglesas decretaron a súa prisión varias veces, que foron seguidas por protestas pedindo a súa liberación
Gandhi tivo grande influencia entre as comunidades hindú e musulmá da India. Adóitase dicir que el terminaba liortas comunais só coa súa presenza.
Gandhi iniciara un xexún o 13 de xaneiro de 1948 en protesta contra a violencia cometida por indios e paquistanís. No día 20 daquel mes, sofreu un atentado: unha bomba foi lanzada na súa dirección, mais ninguén foi ferido. Non obstante, o dia 30 de xaneiro de 1948, Gandhi foi asasinado a tiros, en Nova Delhi, por Nathuron Gods.
O último rogo de Gandhi foi e que non se castigase ao seu asasino.
O corpo do Mahatma foi cremado e as súas cinzas botadas no río Ganxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario