sábado, 27 de decembro de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA

Estamos no verán
Autor: Xoán Curiel e Charo Pita  Editorial Galaxia

En forma de diario, cóntanos a historia dun grupo de amigos. O seu máis grande soño: ter un grupo de música.
Unha aventura musical á que Xoán Curiel e os seus músicos puxeron unha espectacular banda sonora a ritmo de rock, blues, funky ou bossa nova, entre outros.
La increible historia de…los bocadillos de rata
Autor: David Wallians  Editorial Montena
A Zoe as cousas non lle van ben. Tina Trotts, a matona do cole, faille a vida imposible lanzándolle cuspes á cabeza. E agora o malvado Burt, do restaurante Hamburguesas Burt, está intentando capturar á súa mascota, unha encantadora ratiña, para  
  
Escarlatina, a cociñeira defunta

Autor:Ledicia costas  Edicións Xerais
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu aniversario. .E nese día tan especial recibiu un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX.  

Ahab y la ballena blanca
Autor: Manuel Marsol  Editorial Edelvives

O capitán Ahab está decidido a encontrar a Moby Dick , a súa xigantesca enemiga. Emprende unha aventura chea de riscos: monstros mariños, inexplicables icebergs quentes, canibais pero nin rastro da balea. Ata onde terá que ir Ahab para atopala?  

 Historia da bicicleta dun home lagarto
Autor: Fina Casalderrey  Edicións Xerais
Esta é a historia de Mundo, un neno que superou o ataque dos lobos, pedaleou nunha bicicleta de celador de telefonía, rubiu aos postes máis altos coma un lagarto Pero o seu pai desaparece dun xeito misterioso e ve   o medo debuxado nas caras das veciñas.

El tesoro de Barracuda
Autor:LLanos Campos Editorial SM
Chispas, un neno de 10 anos, é o protagonista cos seus compañeiros de tripulación: Nuño, Dos Muelas, Ballena e, Barracuda, o  capitán do Cruz del Sur, un barco preparado para las maiores (e máis incribles) aventuras.

Non hai nada máis difícil e emocionante que ensinar a ler a unha panda de piratas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario