Autor: Federico Delicado
Editorial Kalandraka
Un neno chega a un centro de acollida e os
asistentes intentan averiguar o paradoiro dos seus pais. Pero ao contrario do
que cren, non se trata dun neno abandonado; “Ícaro”, trata sobre o desexo de liberdade, a
diferenza e a esperanza.
Tu fantástico y elástico cerebro
Autor: Joann Deak Editorial
Juventud
Este
álbum é unha introdución divertida e
atractiva ás diversas funcións do noso cerebro. Ensínanos que temos a capacidade de desenvolver os
nosos cerebros cuns sinxelos exercicios, e que os erros son parte
importante da aprendizaxe.
Autor: Txabi Arnal
Editorial Edelvives
Pasou o
tempo e Carapuchiña non se recuperou da morte do lobo. Por iso a nena escribiu centos
de cartas para comunicarse con el pero ningunha
chega. Carapuchiña atopará un aliado que lle axudará a chegar ata lobo e
dicirlle o que sente.
Marcopola, a illa remeira: Dragoneta
Por fin o
alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica que fará da malvada Demoneta un
ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca, transformarase en
Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que vai ser agora de todos nós?
Autor:Arturo
Abad Editorial OQO
Un pirata vive obsesionado coa idea de descubrir
que se esconde detrás do horizonte. Nin as novas aventuras, nin as batallas o
distraen da súa obsesión. Un día emprende unha longa e dura viaxe ata o fin do
mundo
Autor: Miliol
del Nido Editorial Pintar-Pintar
“Yumper” é un libro para os amantes dos
animais, para os que teñen a sorte de compartir a súa vida con algún deles e,
sobre todo, para os que saben o valeiro que nos deixan cando xa non están .
O ser humano, algunhas veces, é bastante
inhumano no trato cos animais. Pero o normal é que o trato con eles nos faga mellores
e saque o mellor de nós.
“Así era el Yumper, bueno y nos hacía buenos.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario