venres, 26 de decembro de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Xiqui  Xoque, fiú, fiú
Autor: Uxía  Editorial Galaxia

O tren está a piques de saír!!! Imos subir nel!!!
Xiqui xoque, fiú fiú! é como fai a locomotora máis famosa, máis marchosa, a máis chea de vida e alegría que nunca se viu: a locomotora de María Fumaça.

Voy a comedte
Autor: Jean-Marc Derouen  Editorial Kókinos
Un lobo famento que fala dun xeito rarísimo espera no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que atopa un par de coelliños moi listos que lle van quitar un pelo que ten na lingua e as gañas de comer carne!!!



Salvaje
Autor: Emily Hughes Libros del zorro rojo

Salvaje conta a historia dunha nena que vive feliz na natureza, comendo cos osos, falando cos paxaros e xogando cos raposos. É  audaz e libre. Pero un día chega un novo animal moi parecido a ela

Quen é ese becho?
Autor: Carmen Queralt   Editorial Kalandraka
De lonxe, todos os bechos parecen iguais, pero se te achegas, verás que teñen formas e aparencias moi distintas. Os protagonistas deste conto son criaturas simpáticas e curiosas.
Un libro de cartón duro que nos  presenta unha fauna diminuta que habita no noso contorno malia que non reparemos nela.
Garabato e Tinta
Autor:Ethan Long  Editorial Lata de Sal
Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta é un rato ao que lle encanta pintar. Pero a ningún lle gustan as obras do outro... ou iso din. Non aceptan as críticas e pelexan porque ambos queren ser os mellores artistas do mundo.



Los dinosaurios. Un cuento para leer a oscuras
 

Autor:Ignasi Valios i Buñuel  Editorial Anaya
Cos dinosaurios máis coñecidos o autor creou unha historia en verso que nos ensina algunhas das súas características.

Este conto  é moi especial: podes lelo ás escuras!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario