sábado, 27 de decembro de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTURAS 1º E 2º DE PRIMARIA

 Cócido Sinfónico

Autor: Os tres tenedores  Editorial Galaxia

O Cocido Sinfónico está preparado polos Tres Tenedores, uns cociñeiros moi tolos.
É disparatado e divertido. Todas as cancións están preparadas a base de boa música, retrousos divertidos e cancións de primeirísima calidade.
Splat el gato. ¡La vuelta al cole!
Autor: Rob Scotton  Editorial Jaguar

Splat  volve á casa despois do primeiro día de cole... ¡e xa ten deberes! Debe falar das súas vacacións e non sabe que aventura contar. Porque Splat foi corredor, astronauta, pirata, mergullador e superou moitos perigos.

La tarta de hadas
Autor:  Michaël Escoffier Editorial Kókinos
 Un sapiño, moi caprichoso á hora de comer, dubida da tarta de fadas que lle preparou seu pai.  Non será unha tarta de vermes? Seu pai inventa historias para convencelo. Ata lle di que eles son dragóns e que el pode voar

Eu son gato
Autora: Jackie Morris Editorial Lata de Sal
Os gatos dormen moito e soñan máis. Teñen grandes soños. Soñan que son leóns, tigres, guepardos, linces, leopardos... Soñan que cazan, que roxen, que se camuflan na neve.  Un libro co que aprenderás moitas cousas dos grandes felinos do mundo

Sherlock Tópez y el secuestro del oso
Autor: Lola Núñez e Rocío Antón Blanco  Editorial Edelvives

 Sherlock Tópez é unha toupa detective, Este intelixente investigador, ensinaranos o bosque e aos seus habitantes. Os pictogramas axudarán aos máis pequenos coa lectura.

Tragasueños
Autor:Michel Ende  Editorial Juventud

Ter medo aos pesadelos é algo terrible. A princesiña Dormilina vive en Dormilandia, onde todos teñen soños bonitos e durmen dun tirón. O rei de Dormilandia decidirá viaxar polo mundo en busca dun remedio para que a princesa poida durmir..

Ningún comentario:

Publicar un comentario