O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS
Fai
moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que xa
celebraban o magosto. Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de
hoxe con Galicia, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos.
Crese que o
magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o
remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se
fai no interior a carón do lume.
Era unha festa a que acudían tòdalas persoas
dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o
derito e a política.
Ao mesmo tempo abríase a
porta do máis aló onde moraban os mortos para que aquelas persoas que tiñan
deixado este mundo se pudiesen comunicar con aquelas que ainda podían falar.
Coa chegada do Cristianismo estes ritúais mudaron e agora celébrase o día de
Todos os Santos, e ao día seguinte, o Día de Defuntos.
O magosto tradicional enténdese coma unha merenda,
a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do
San Martiño.
Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen
parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben
asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa buscaban un sitio
axeitado para comelas.
A festa non sería tal sen contar cos xogos populares,
bailes, cantos e contos. É común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala
para que dé boa sorte.
CANTIGAS
Non chas quero non chas
quero
castañas do teu magosto
non chas quero non chas quero
que
me cheiran ao chamosco
Santo que estás no canizo
vota castañas abaixo
que anque
non teño mandil,
apañochas no refaixo.
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño
tres castañiñas me deu
A castaña no ourizo
cria moita
gravidade
fai coma os mozos solteiros
criados na liberdade.
Adiviñas
“Unha
cousiña cousa criada no monte, enxoita na casa e comese sin tasa.”
Refráns
“A castaña no agosto quere arder, e no Setembro beber.” “Temperá e a
castaña, que por Setembro regaña.”
“A castaña e o besugo no febreiro non ten
zugo”
“Castaña que está no camiño, é do veciño’’
IMPORTANCIA DA CASTAÑA NA DIETA
A castaña é
rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten máis
cantidade desta vitamina que a maioría das froitas e verduras. Tamén é rica en
potasio, ferro cobre, iodo fósforo e calcio.
Poden comerse preparadas de moitas
maneiras: coma primeiro prato, acompañando a outras comidas, en sobremesas…
Na
actualidade as castañas galegas expórtanse a moitos países.
RECEITAS CON
CASTAÑAS
CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
Ingredientes: Castañas Leite Azucre Mel
Preparación:
1º Móndanse as castañas.
2º Póñense a cocer en auga con sal e
fiuncho.
3º Quítaselles a 2ª pel.
4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite .
5º Sirvense quentes e acompañadas de mel do país
MARRÓN
GLACÉ
Ingredientes: 3 kg de castañas 1 ½ de viño tinto 3 kg de azucre 3 ramiñas
de vainilla 3 gr de crémor tártaro 2-3 m- de tea transparente ou gasa
Preparación:
1º-Pélanse as castañas, dáselles un fervor e quítaselles a 2ª
pel.
2º- Colocar cada castaña dentro dun cacho de tea e atar as puntas cun fío
branco.
3º-Poñer os paquetes a remollo durante 2 horas.
4º-Bótanse nunha cazola
grande para que non queden amontoadas, engadese o viño e 1 litro de auga e
déixanse cocer lentamente ata que esteñan brandas.
5º-Escorrer e botar na mesma
cazola e engadir 3 litros de auga, o azucre, a vainilla e o crémor
tártaro,deixar cocer a lume lento 10 minutos
6º-Deixar repousar 24 horas. Pasado
este tempo, poñer ao lume e ferver 5 minutos, deixar repousar outras 24 horas e
repetir esta última operación 4 días, ao cabo dos cales o almíbar terá que
estar espeso.
7º-Cando estén frías, escorrer , quitar a graxa e colocar sobre
un tamiz. Colar o almíbar poñer ao lume e deixar reducir.
8º- Cando empece a
caramelizar botar as castañas. Unha vez frías envolver cun papel de aluminio.
Traballo realizado polo CEIP MONSEIVANE
O colexio de Monseivane está situado nunha zona rural, en Moreda, na parroquia de Lanzós, a 8 km da localidade de Vilalba, provincia de Lugo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario