martes, 8 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓN DE LECTURA EDUCACIÓN INFANTIL





 O  PASEO  DO  ELEFANTE

Autor: Hirotaka Nakano  Editorial Lata de Sal
Hoxe é un día marabilloso. Por iso Elefante sae a dar un paseo. Atópase con Hipopótamo, con Crocodilo e con Tartaruga. Todos queren pasear con Elefante, pero... subidos no seu lombo!!!!    Poderá con todos?




Una casa a la medida
Autor: Petr Horáček Editorial Juventud

O ratiño atopou unha mazá moi grande pero  como non pode  metela na súa pequena casa sae a buscar unha casa nova. Pero todas as casas están ocupadas e os seus habitantes non quçreen compartilas. Atopará unha casa para el e a súa enorme mazá? 



ESTACIÓN NADAL
Autor: Mamá Cabra  Editorial Galaxia
Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai unha máis e chámase  Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos, de cancións, de vacacións

La vaca que se subió a un árbol
 Autor: Gemma Marino Editorial Picarona

Tina é unha vaca moi curiosa: encántalle explorar, descubrir e soñar. Tina ten tres irmás que só pensan  en comer herba fresca e pensan que Tina é moi rara..  Tina vailles ensinar que hai  cousas   marabillosas que descubrir




LAS CUATRO ESTACIONES DEL GRAN ÁRBOL
Autor:Patricia Hegarty  Editorial Bruño


 Unhas preciosas ilustracións, para explicar as estacións do ano mirando o que lle sucede a unha árbore: follas, froitos, clima, animais
Con troquelados que nos descubren  o lugar onse se agachan os  diferentes animais. 

O  AVÓ DE ZULEIMAR

Autor: Juan Carlos Méndez Guédez Editorial OQO



Zulaimar non tiña avó pero todas as súas amigas tiñan un. Polas tardes ían con eles ao parque e tomaban
xeados. e facían debuxos na area.
Zulaimar decidiu construír un avó para ela. O seu invento non funcionou á primeira pero
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario