martes, 8 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA




Canta o cuco
Autor: Magín e Uxía.  Editorial Galaxia


Un libro-disco para disfrutar dos poemas de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.  Cheo de boa música, unhas marabillosas poesías e fantásticas ilustracións de Leandro Lamas.   , 

Atlas del mundo
Autor: Aleksandra Mizielińska y Daniel Mizieliński  Editorial Maeva Young

 Con este libro podes facer  unha incríble viaxe arredor do mundo. Verás os geyser  islandeses, as caravanas do deserto do Sáhara e as cidades maias de México. En Australia verás un ornitorrinco, en Finlandia  a noite  ártica e visitarás miles de illas.





Ti non xogas
Autor: Silvestre Gómez Xurxo  Edicións Xerais



Suso non xoga ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado na escaleira do patio da escola.
Está aburrido e amolado.  El quería xogar pero Róber chimpoulle:
—Ti non xogas!
Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais.

Marieta
Autor: Itziar Miranda  Editorial Edelvives  

Miranda é unha nena de 8 anos, sen pelos na lingua á que lle gusta moito a historia. Vainos contar a historia de Marie Curie, unha gran científica que   recibiu dúas veces o premio nóbel e descubriu dous novos elementos químicos (o polonio e o radio).

Polvo de estrellas
Autor: Stephanie Roth Sisson Editorial Juventud


A  vida de Carl  Sagan dende o día en que miraba as estrelas desde a súa casa de Brooklyn, ata chegar ao seu traballo como científico nas  misións Voyager para explorar o espacio.





O neno bisesto
Autor: José Luís Alonso de Santos  Editorial Kalandraka



Con  dez anos, Daniel séntese diferente aos demais: naceu un 29 de febreiro; por iso no colexio chámanlle “Bisesto”.
Este libro é un relato das súas experiencias, pensamentos e emocións: dende a rebeldía á incomprensión, pasando polo despertar do amor, ata a reafirmación da amizade.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario