A bruxa Discordia. Cancións
para a paz
Autor: Carmen Gil, Mamá Cabra
Editorial
Galaxia
Discordia é unha bruxa que é feliz destruindo a Paz e facendo que
todos os animais, e os humanos, se leven mal Sen embargo, un día vai acontecer
algo que vai cambiar o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.
Matisse
Autor: Patricia
Geis Editorial Combel
Henri
Matisse encheu as súas obras de luz, enerxía e cor. Un librocon pop-ups,
solapas, ventás e sorpresas para unha viaze interactia a través das principais
obras deste artista francés. Ao final os nosos pequenos artistas poderán facer
o seu cadro ao estilo Matisse.
..
. DESPOIS DA CHOIVA
Autor: Miguel Cerro Editorial Kalandraka
Un diluvio
inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado
refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo
non cre nas súas capacidades e encomenda
esas tarefas a outros animais.
Tan grande
como siete osos
Autora: Julie Colombet Editorial Zorro Rojo
Sabías que o tentáculo dun polbo
xigante é tan grande coma 7 osos?
Julie
Colombet cóntanos que a cabeza dun arroaz pesa o mesmo que 3 elefantes ou que o nariz dun mono narigudo
é do tamaño dun esquío voador.
La pequeña Inuk
Autor: Darabuc e Dàlia Adillon Editorial
La Fragatina
Sabes algo dos inuit? Sabes ónde viven? Sabes
como son as súas casas? A pequena Annakpok vainos ensinar o hábitat, o xeito de
vida e os costumes e tradicións do pobo inuit.
Augusta e os seus medos
Autor:Sabela
Fernández Trelles Edicións Xerais
Augusta é
unha nena que está chea de soños pero é tan medosa
que non consegue que ningún se
lle cumpra. Ten medo a voar, medo
a que se
rían dela, medo a probar cousas novas… Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais.
Terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar
os medos é enfrontándose a eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario