domingo, 18 de decembro de 2016

3º e 4º de primaria


El guardián del árbol
Autor: Myriam Ouyessad y Anja Klauss  Editorial Juventud

Minoa, a anciá á que chaman meiga, conserva un tesouro: unha semente brillante coma o ouro. Minoa decide entregarlla a Kahlil. Cando o rapaz planta a semente, nace unha árbore que revela  o seu segredo...
Un álbum inspirado na  obra do pintor Gustav Klimt. 



Zeralda e o dragón
Autor: Agustín Fernández Paz- Fran Jaraba Editorial  Galaxia
Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos.

El colegio más raro del mundo

Autor: Pablo Aranda  Editorial Anaya
A escola de Fede é moi rara. Para empezar, chámase TELE: Tecno Escola de Linguas Extranxeiras.
Pero o que fai que sexa especial é que, cando un rapaz sae do cole, tense que ir cos primeiros pais que cheguen ata que o traian de volta á escola ao día seguinte.




Marcopola, a illa remeira: Avoa Power
Autor: Jacobo Fernández Serrano  Edicións Xerais
O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que será? 


Os lapis primos
Autor:José A. Ramírez Lozano  Editorial OQO

Os lapis nin o imaxinan.
Non saben que teñen primos
nin parentes de raíz.
Descubrimos que eles son
algúns sobriños do xiz
e outros netos do tizón.
Para escribir utilizamos lapis, bolígrafos, rotuladores, xiz... mais, e se escribísemos cos primos dos lapis?  


Miedo
Autor: Milio'l del Nido  Editorial Pintar-Pintar

Dous irmáns van vivir a unha casa antiga emisteriosa onda un faro.  Todo parecía moi aburrido pero... uns ruidos e figuras estrañas faceranlles pasar momentos espeluznantes.
Un divertido conto de suspense que te enganchará ata o final.


Ningún comentario:

Publicar un comentario