domingo, 18 de decembro de 2016

LIBROS RECOMENDADOS NADAL 1º E 2º DE PRIMARIA

1º / 2º de primaria

Cousas de papá. (libro-disco)


Autor: Raúl Gómez Pato Edicións Xerais
Cousas de papá” é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos Música e poesía para xogar cos versos.
El gran libro de los bichos
Autor: Yuval Zommer Editorial Juventud

Os nenos aprenden que os insectos viven en  todo o   planeta y anímaos a se convertir  en observadores de bichos. Mostra os principais grupos de insectos,  insectos que saen pola noite, insectos bebé, ciclos de vida, casas de insectos. 



Super Patata
Autor:  Artur Laperla Editorial Bang


No centro de investigacións ultraavanzadas, os profesores Rose e Molécula están moi asustados e piden axuda  a Super Patata.  Os seus experimentos produciron moscas  xigantes, que poden facer?

UNHA ÚLTIMA CARTA
Autor: ANTONIS PAPATHEODOULOU Editorial Kalandraka

Aquel era o derradeiro día de traballo do señor Costas. O último día de ser o único carteiro en toda a illa. Naquel Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos.

El cumpleaños de Mini
Autor: Christine Nöstlinger Editorial SM

Mini, unha simpática nena, quere organizar unha superfesta de aniversario, pero a súa mamá só lle deixa invitar a sete compañeiros. Toda a súa clase quiere ir á festa. Que pode facer  Mini?
Pete o gato

Autor: Eric Litwin Editorial Lata de Sal

Pete mercou uns preciosos tenis brancos, pero no seu paseo atopa diferentes obstáculos que tinguen os seus tenis de moitas cores. Mais el non perde nunca o bo humor e canta a súa canción en inglés sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario