domingo, 18 de decembro de 2016

LIBROS RECOMENDADOS INFANTIL NADAL 2016

EDUCACIÓN INFANTIL

A caixa máis grande do mundo

Autor: Carmen Corrales  Editorial Lata de Sal
Leonora non é unha gata calquera:   colecciona cascudas, madeixas, plumas, pero, por riba de todo, caixas. Caixas de cores, con distintas formas e de tamaños distintos. 


Matías y la nube
Autor: Ana Sanfelippo  Editorial Bang
Hoxe é o aniversario de Matías! Matías xoga, come e pásao moi ben. O mellor é cando Matías abre os agasallos.. O último agasallo ten dentro unha nube!!! Un cómic imaxinativo para os máis pequenos


Máis contos en cantos

Autor: Almudena Janeiro      Editorial OQO
Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais. Podes cantar e bailar ao son do reggae, do rock, da polca acompañado polas imaxes dos contos orixinais.


Mi papá en el zoo
Autor: Coralie Saudo   Editorial Kókinos
 O protagonista de do conto ten un papá cariñoso e divertido, pero no zoo non para quieto.Ten  caprichos, berra e  ten unha enorme perrencha. O neno ten que aguantar un interminable recorrido polo zoo, poñer límites, alertar dos perigos      

O momento perfecto

Autor: Susanna Isern    Editorial La Fragatina
Esquío non pode perder Tempo. Recibiu unha carta moi importante e ten que chegar axiña ao seu destino. Pero non o vai ter fácil! Polo camiño vaise atopar con moitos amigos do bosque que necesitan a súa axuda.  
Mi primer imaginario de animales del mundo
 
Autor: Ole Könnecke     Editorial SM
Neste imaxinario os rapaces descubrirán paisaxes, animais e plantas das distintas partes da Terra.
As ilustracións alimentarán a curiosidade do neno  e enriquecerán o seu v
ocabulario

Ningún comentario:

Publicar un comentario