luns, 31 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS 5º E 6º DE PRIMARIA


BRUNO SE HACE MAYOR
Mònica Peitx            
Editorial Juventud

Bruno ten 10 años e nota que o seu corpo está cambiando. Acompaña  a Bruno na aventura de medrar!
Escrito por unha pediatra-endocrinóloga, Bruno é  un libro para falar da pubertade masculina e recalca a importancia de manter uns hábitos saúdables.


VERMELLA     
Sabela  Losada Cortizas                Editorial Baía

Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente?   
 Vermella saca á luz un tema tabú como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte dos rapaces protagonistas.




Ulf de Jakobsland
Alberto Varela Ferreiro               Edicións Xerais


Un  conde danés arriba ás costas de Faro Brigantium, para peregrinar ata Santiago de Compostela,  terra onde se fixo famoso como guerreiro.
No ano 844  os viquingos chegaron  ve ata o reino de Gallaecia, coñecido como Jakobsland, nunhas incursións que rematarían coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia.



Diario de una mocosa
Ingrid Chabbert y Annette Boisnard          Editorial Bang

 


É espantoso ter que aguantar aos meus pais! Non me deixan  sair nunca, nin vestirme como quero... Só  dan ordes e berran!

 Pois vou facer coma eles! Durante un ano enteiro voulles facer a  vida imposible, como eles fan comigo.

Que se preparen!!!


Hermes, aprendiz de mago
Manrique Fernández       Editorial Galaxia

Velaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.
Así e todo, ten ganas de aprender. Unha obra divertida onde os pucheiros, as vasoiras e as partes todas da casa falan e volven máis tolo aínda o noso protagonista.


Los maravillosos experimentos de Jorge
 Roald Dhal                                                Editorial Santillana
 JORGE LOCATIS creou unha medicina marabillosa para a súa vella e desagradable avoa. Está claro que ti NON PODES facer iso.
 Pero, aquí tes un pouco de CIENCIA INCRÍBLE que podes probar! Dende a fabricación de BLANDIBLÚ ata a creación dun VOLCÁN, estes divertidos experimentos son fáciles de realizar


RECOMENDACIÓNS 3º E 4º DE PRIMARIA


3º/4º PrimariaEL PEQUEÑO CUIDADOR DE INSECTOS

 Nastasia Rugani                     Editorial  Nórdica


Noc  herda do seu pai o cargo de Coidador de Insectos, pero Noc detesta a estes seres. Pola contra, a súa irmá  Lulú adóraos, pero as nenas non poden  ser coidadoras. Noc renuncia ao seu posto e  organiza unha asamblea para que todos os insectos voten a pata alzada.



A CASA DO TERROR
Xoán Curiel                         Editorial Galaxia
 A casa do Terror ten a porta aberta para ti!
Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura. Un libro-cd para facer uns amigos de medo!!




A CIENCIA DO DÍA A DÍA
 Bruno Martínez Tabares                    Edicións Xerais
 Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Por que quenta o microondas? Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo? Este libro explica, de xeito sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote.

LOS DRAGONES NO SABEN NADAR

Vivian French-David Melling        Editorial Edelvives





A viaxe dos seus pais obriga a Sam a convivir coa pesada da súa curmá Prune, o tío Archibald e as estrañas criaturas que coida tía Eglantine no castelo Mothscale. Cando o dragón Godfrey queda atrapado nun pozo, Sam e Prune descubren algo incrible, sorprendente…







ANIMALIA 1. VERDE
 Xosé Tomás                              Edicións Xerais


Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: "Bum, Bum". O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza.
"Animalia" é unha banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats.




EL AÑO DEL GATO
Jaume Copons                          Editorial Bambú


Este non é o típico conto cun gatiño  bonito e simpático. Aquí os protagonistas son unha clase enteira e Silvia, a mestra.  Hai un gato, pero non un gato calquera. O Gato da clase é branco e ten un ollo azul e outro marrón, pero non é especial porque sexa guapiño, senon porque ten un poder que o fai extraordinario:

RECOMENDACIÓNS PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

MONSTROS, CON OU SEN CONSENTIMENTO


Chuches Amil                         Editorial Galaxia

Cancións para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para non parar de bailar. E tamén moitos monstros! E contos, soños e alegría neste libro-cd de Chuches Amil.




NARVAL, UNICORNIO MARINO
Ben Clanton              Editorial Juventud

 Narval é un despreocupado. Medu é un augamar sensato. Non teñen moito en común, pero encántanlles os gofres, as festas  e as aventuras. Únete a Narval e Medu mentres  descubren o gran océano.

Premio Eisner 2017, Mellor Cómic para Primeros Lectores



OS ESQUELETOS DIVERTIDOS
Janet & Allan Ahlberg          Editorial Kalandraka

Unha divertida historia  protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can  que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Arman un tremendo e cómico lío.

EL CORREO DEL DRAGÓN
Emma Yarlett                                    Editorial Edelvives


Alex ten un dragón e non sabe como coidalo Por iso decide escribir a varias persoas moi sabias para que lle axuden.    
Le con el as cartas que lle envían bombeiros, avogados,carniceiros, a  Sociedade Protectora de Dragóns 

A RECONQUISTA

Antía Yañez                        Editorial Baía


No patio do cole de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do recreo. Lúa vai poñer en marcha unha revolta para cambiar iso. 
Obra gañadora do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

DEBAJO DE LA TIERRA. LIBRO DE ACTIVIDADES

Aleksandra MizielinskaDaniel Mizielinski     Editorial Maeva


Diseña  unha  mina  de  carbón,  excava un  túnel  a  través  dunha  montaña, completa  un  esqueleto  de  dinosauro ou visita unha cidade subterránea.
36 actividades para colorear, investigar e aprender datos sobre o noso planeta. .