EL PEQUEÑO CUIDADOR DE
INSECTOS
Noc herda do seu pai o
cargo de Coidador de Insectos, pero Noc
detesta a estes seres. Pola contra, a súa irmá Lulú adóraos, pero as nenas non poden ser coidadoras. Noc renuncia ao seu
posto e organiza unha asamblea para que
todos os insectos voten a pata alzada.
A CASA DO TERROR
Xoán Curiel Editorial Galaxia
Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a
bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta
aventura. Un libro-cd para facer uns amigos de medo!!
Bruno Martínez Tabares Edicións Xerais
Por que aparece a nosa
imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Por que quenta o microondas? Queres
saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos
de millo? Este libro explica, de xeito sinxelo, moitos feitos da ciencia que
nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote.
LOS DRAGONES NO SABEN NADAR
Vivian
French-David Melling Editorial Edelvives
A viaxe dos seus pais obriga a Sam a convivir coa pesada da súa curmá Prune, o tío Archibald e as estrañas criaturas que coida tía Eglantine no castelo Mothscale. Cando o dragón Godfrey queda atrapado nun pozo, Sam e Prune descubren algo incrible, sorprendente…
ANIMALIA 1. VERDE
Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos:
"Bum, Bum". O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os
paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha
cinta na cabeza.
Jaume
Copons Editorial Bambú
Este non é o típico conto cun gatiño bonito e simpático. Aquí os protagonistas son
unha clase enteira e Silvia, a mestra.
Hai un gato, pero non un gato calquera. O Gato da clase é branco e ten
un ollo azul e outro marrón, pero non é especial porque sexa guapiño, senon
porque ten un poder que o fai extraordinario:
Ningún comentario:
Publicar un comentario