luns, 31 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTURA INFANTIL


COAS MIÑAS MANS 

Pablo Díaz         Editorial Galaxia

Música para aprender os números, as cores, as comidas pero tamén para cantarlle á lúa, á primavera Cancións divertidas para medrar con alegría!

EL ESPACIO
Christophe Chaffardon                   Editorial SM
  
Un libro con solapas  e rodas para  aprender a distinguir as estrelas dos planetas, descubrir   constelacións  e aprender  sobre a vida dos astronautas no espacio.



LOLA E AS 21 VACAS


Olalla González               Libros Triqueta

 A Lola escapáronlle vinte e unha vacas e están soltas por toda a casa. Será capaz de encontralas antes de que cheguen os pais e vexan o rebumbio que se montou?

UN DOUS TRES, VAMPIRO TI ES
NADIA BUDDE                                  Editorial  Kalandraka
Este libro ten un esquema baseado na repetición e o xogo encadeado de personaxes inquedantes: vampiros, pantasmas, monstros, esqueletos arañas, ,serpes, crocodilos, gatos negros ou morcegos.

A  COLMEA
Bartíková, Petra                                       Baia edicions

Imaxina que es unha abella. Na primavera voarías de flor en flor recollendo pole para facer mel. A que é apetecible? Pois vén que te levamos dentro da colmea!





TURLUTUTÚ ¡Una aventura increíble!

Hervé Tullet                                                   Editorial Kókinos

Turlututú, propón   entrar nun  libro  e seguilo por un laberinto secreto atravesando a boca dun ogro, para vivir unha aventura perigosa e divertida .
Un libro interactivo para xogar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario