luns, 31 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

MONSTROS, CON OU SEN CONSENTIMENTO


Chuches Amil                         Editorial Galaxia

Cancións para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para non parar de bailar. E tamén moitos monstros! E contos, soños e alegría neste libro-cd de Chuches Amil.




NARVAL, UNICORNIO MARINO
Ben Clanton              Editorial Juventud

 Narval é un despreocupado. Medu é un augamar sensato. Non teñen moito en común, pero encántanlles os gofres, as festas  e as aventuras. Únete a Narval e Medu mentres  descubren o gran océano.

Premio Eisner 2017, Mellor Cómic para Primeros Lectores



OS ESQUELETOS DIVERTIDOS
Janet & Allan Ahlberg          Editorial Kalandraka

Unha divertida historia  protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can  que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Arman un tremendo e cómico lío.

EL CORREO DEL DRAGÓN
Emma Yarlett                                    Editorial Edelvives


Alex ten un dragón e non sabe como coidalo Por iso decide escribir a varias persoas moi sabias para que lle axuden.    
Le con el as cartas que lle envían bombeiros, avogados,carniceiros, a  Sociedade Protectora de Dragóns 

A RECONQUISTA

Antía Yañez                        Editorial Baía


No patio do cole de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do recreo. Lúa vai poñer en marcha unha revolta para cambiar iso. 
Obra gañadora do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

DEBAJO DE LA TIERRA. LIBRO DE ACTIVIDADES

Aleksandra MizielinskaDaniel Mizielinski     Editorial Maeva


Diseña  unha  mina  de  carbón,  excava un  túnel  a  través  dunha  montaña, completa  un  esqueleto  de  dinosauro ou visita unha cidade subterránea.
36 actividades para colorear, investigar e aprender datos sobre o noso planeta. .

Ningún comentario:

Publicar un comentario