OS LIBROS AO SOL
AGORA NON, BERNARDO
Este libro é unha inquietante e divertida historia para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden aos cativos.
Se o teu fillo di que hai un monstro a piques de papalo, que farías?
Un clásico que, corenta anos despois, segue tan vixente como daquela. De lectura obrigada para reflexionar sobre a (in)comunicación.
QUERES LER UNHAS PÁXINAS DO CONTO?
LA MUDANZA DE BRUCE
RYAN T. HIGGINS EDITORIAL ANAYA
A guarida de Bruce non estaba mal.
Non era moi grande.
Non era moi pequena.
Pero sete inquilinos son máis do que pode soportar este oso gruñón. Así que Bruce e os gansos van buscar unha casa nova.
Pero, e se non lles gusta?
Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo!
A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo.
LA RUTA DEL RATÓN CARTERO
MARIANNE DUBUC EDITORIAL JUVENTUD
E na casa dun esquío?
Se acompañas ao Rato Carteiro descubrirás as casas máis divertidas dos animais.
E o último paquete… para quen será?
OS PLANETAS
MARGARITA DEL MAZO-CECILIA MORENO EDITORIAL JAGUAR
Un libro cunhas ilustracións preciosas e simpáticas. Ten un colorido espectacular, con cores vibrantes sobre o
fondo negro do espacio para representar o movemento dos astros.
Realmente o movemento parece un baile e o texto é unha melodía que nos permite emocionarnos
e disfrutar das formas e as cores.
PEZ -GLOBO SE HARÁ MAYOR
GABRIELA RUBIO-ÓSCAR RAMÍREZ EDITORIAL BANG
Pez-globo non sabe o que vai ser de grande. Investiga, pregunta… Todos lle dan moitas ideas pero el non está convencido.
Ata que o descubre do xeito máis sorprendente.
TEÑO MEDO
DAVID DE LA IGLESIA EDITORIAL GALAXIA
É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten
amigos cos que xogar.
Quizais todos estean aínda a durmir!
Só está Mr. Robot, quen
se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno
que o precise.
O pequeno
cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu
desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa
inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a
superalos.
Olga, Ana e Sofía atopan un baúl cheo de vestidos e
deciden organizar un concurso de beleza no que é obrigatorio levar
coletas.
As niñas non queren que Gabriel desfile con elas porque din que os nenos non son guapos e non teñen coletas. Tampouco queren que desfile o gato porque é peludo e gris. Discuten e ao final poden desfilar peros as rapazas cambianlle a roupa a Gabriel e fanlle coletas, e pintan ao gato de rosa…
Todos se preparan para que un xurado de
formigas escolla á máis guapa ou guapo.
Pero resulta que para as formigas ser fermosa é..
ser
pequenas, negras e ter antenas!!