domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 OS LIBROS AO SOL





AGORA NON, BERNARDO

DAVID McKEE                                                             EDITORIAL KALANDRAKA




Este libro é unha inquietante e divertida historia  para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden aos cativos.   
Se o teu fillo di que hai un monstro a piques de papalo, que farías? 
Un clásico que, corenta anos despois, segue tan vixente como daquela. De lectura obrigada para reflexionar sobre a (in)comunicación.

QUERES LER UNHAS PÁXINAS DO CONTO?

LA MUDANZA DE BRUCE


RYAN T. HIGGINS                                                                                    EDITORIAL  ANAYA



A guarida de Bruce non estaba mal.
Non era moi grande.
Non era moi pequena.
Pero sete inquilinos son máis do que pode soportar este oso gruñón. Así que Bruce e os gansos van buscar unha casa nova.
Pero, e se non lles gusta?





 O VELEIRO VERDE
MARÍA FUMAÇA                                                                                 EDITORIAL   GALAXIA






Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo!
A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. 







LA RUTA DEL RATÓN CARTERO

MARIANNE DUBUC                                                                      EDITORIAL   JUVENTUD





Estiveches algunha vez na casa dun crocodilo? 
E na casa dun esquío? 
Se acompañas ao Rato Carteiro  descubrirás as casas máis divertidas dos animais. 
E o último paquete…  para quen será?








OS PLANETAS



MARGARITA DEL MAZO-CECILIA MORENO                   EDITORIAL   JAGUAR





Un libro  cunhas ilustracións  preciosas  e simpáticas. Ten un colorido  espectacular, con cores vibrantes sobre o fondo negro do espacio para representar o movemento dos astros.
Realmente  o movemento parece un baile e o texto é unha melodía que nos permite emocionarnos e disfrutar das formas e as cores.




                                                                                                  




PEZ -GLOBO SE HARÁ MAYOR



GABRIELA RUBIO-ÓSCAR RAMÍREZ                                        EDITORIAL    BANG
Pez-globo non sabe o que vai ser de grande. Investiga, pregunta… Todos lle dan moitas ideas pero el non está convencido.
Ata que o descubre do xeito máis sorprendente.





TEÑO MEDO


DAVID DE LA IGLESIA                                                            EDITORIAL   GALAXIA



É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.
Quizais todos estean aínda a durmir! 

Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.
O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.



LA DICTADURA DE LAS COLETAS

ILYA GREEN                                                                EDITORIAL   KÓKINOS





Olga, Ana  e Sofía atopan un baúl cheo de vestidos e deciden organizar un concurso de beleza no que é obrigatorio levar coletas. 
As niñas non queren que Gabriel desfile con elas porque din que os nenos non son guapos e non teñen coletas. Tampouco queren que desfile o gato  porque é peludo e gris. Discuten e ao final poden desfilar  peros as rapazas cambianlle a roupa  a Gabriel e fanlle  coletas, e pintan ao gato de rosa… 
Todos se preparan para que un xurado de formigas escolla á máis guapa ou guapo. 
Pero resulta que para as formigas ser fermosa  é.. 
ser pequenas, negras e  ter antenas!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario