domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 3º-4º DE PRIMARIA

OS LIBROS AO SOL


  LINGUA GUAPA. Cantos que contan

FINA CASALDERREY-NÉSTOR BLANCO                               EDITORIAL GALAXIA



Teño unha lingua moi longa con quilómetros de historia. Leva palabras de azucre que aturuxan na memoria.
Velaquí esta LINGUA GUAPA para voarmos por todas as músicas do mundo.

Cancións e traballos a partir de poemas e textos da escritoraFina Casalderrey, musicalizados por Néstor Blanco. 
Conta  coa colaboración da cantante Xoana e dos coros Infantil García Limeses e CEIP Álvarez Limeses, de Pontevedra, acompañados de coñecidos músicos do panorama musical galego.  





 CANCIÓN MUNDO LOUCO





TRAS LA PISTA DEL ABUELO

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ                  EDITORIAL LOQUELEO-SANTILLANA





O día que o avó Valentín vai para o hospital, a súa neta atopa unha caixa  na que hai dous libros dun curso de maxia por  correspondencia. 
Unha forza estraña lle recorre o corpo e  descubre que a roupa do avó ten moitas cousas para contarlle. 
Gracias a unha gaivota iniciará unha fantástica viaxe na que aprenderá moito do seu avó.





ATLAS DA GALICIA PEQUENIÑA

CÉSAR CEQUELIÑOS-JORGE CAMPOS                                    EDITORIAL  AIRA






Libro ilustrado pensado para rapaces de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos… 
Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo.

 





EN PELIGRO DE EXTINCIÓN

NONO GRANERO                                                                     EDITORIAL  EKARÉ




Facundo é un lince ibérico nacido en cautividade. Está moi ben coidado, pero vivir nunha gaiola non lle gusta nada , así que decide escapar. 
Na súa fuxida coñecerá a outros que, coma él, parecen estar en tremendo perigo.
Xuntos recorren o planeta e fanse  inseparables, ata que un  día oen falar sobre as viaxes espaciais  e deciden lanzarse á aventura.


VER AS PRIMEIRAS PÁXINAS


RUMBO AO HORIZONTE


KIKE GÓMEZ-DANI PADRÓN                                                          EDITORIAL  BULULÚ






“Dende que teño memoria, sempre quixen navegar. Imaxinábame unha e outra vez sucando o mar. Había algo no mar que me desconcertaba e que me obrigaba a seguir soñando. 
Que había máis aló? Naquel lugar onde o sol se agocha e unha delgada liña se debuxa. Aquel lugar onde o mundo semella rematar e que todos chaman horizonte.”

Un relato de aventuras e viaxes. Descubrirás lugares fantásticos repletos de personaxes divertidos e estrafalarios.


EL ÚLTIMO LOBO


SÉBASTIEN PEREZ- JUSTINE BRAX                                EDITORIAL EDELVIVES
  




Despois da Gran Guerra entre lobos e humanos famentos a presencia dun último lobo aterroriza á aldea de Milo. 

O xoven cazador sairá a buscalo armado únicamente co seu arco para protexer a aldea. 
Durante a  persecución entenderá o absurda que é a  guerra , e comprenderá que, moitas veces, o inimigo somos nós mesmos. 






MEIGAS FORA!

RAMÓN D. VEIGA                                                          EDICIÓNS XERAIS


  


Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. 
Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios. 
Desde entón viven felices en Feira, onde cada 23 de xuño a súa cacharela refulxe coma ningunha outra.
«Meigas fóra!» é un divertidísimo conto que propón unha reflexión sobre o desastre ao que nos poden levar determinados comportamentos. Unha historia que é un canto á liberdade  e ao entendemento.

LA SUPERPANDILLA 3
MI MAESTRA ES UNA BRUJA


CHRISTINE BEIGEL- PIERRE FOUILLET                         EDITORIAL BANG-MAMUT





A mestra de Lulú sufriu un misterioso "pequeno accidente".  
E a nova mestra dá moito medo!!
O plan é moi sinxelo: sobrevivir ata o final  do día! 
Poderá Super Lulú salvar á súa clase das  gadoupas da bruxa?
Sobrevivirán aos seus malvados invitados : vampiro, ogro, zombi, e demáis monstros?










Ningún comentario:

Publicar un comentario