OLIVER BUTTON É UNHA NENA
TOMIE DE PAOLA EDITORIAL KALANDRAKA
Oliver é diferente: gústalle a natureza e a lectura, xoga con bonecas de papel e encántalle disfrazarse para cantar e, sobre todo, bailar.
O seu pai preferiría que practicase deportes pero, a súa falta de habilidade para o exercicio físico fai que os seus compañeiros de escola o marxinen, se burlen del e o intimiden.
«Oliver Button é unha nena», chegaron a pintar nunha parede.
Un clásico que, dende a emoción e a sensibilidade, anima á autoafirmación e á empatía fronte aos estereotipos e á incomprensión.
Queres ver as primeiras páxinas deste libro?
DINOSAURIOS AL ATAQUE
Nacho e María van coa avoa Silvia a visitar a Augusto, un amigo científico, que quere presentarlles á súa nova mascota.
Chámase Regina, e é unha tiranosaura.
O seu problema é que se atopa moi soa entre os humanos, e trama un plan para reclutar novos amigos!
Ademáis de disfrutar da lectura, os rapaces aprenderán sobre as distintas clases de dinosauros, o seu aspecto, as súas características e o seu xeito de vida.
MARIÑA E O BALÓN
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía.
Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo.
Con todo, Mariña devece tanto por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol que está disposta a solucionar este problema coa axuda das súas amigas.
LOS CARPINCHOS
O día en que chegaron aqueles animais estraños, grandes e peludos, todos opinaron o mesmo:
NON!!!! Non había lugar para eles.
Pero los carpinchos non podían volver á súa casa, porque empezara a temporada de caza .
Así, carpinchos e galiñas deben convivir xuntos e a cousa non parece doada.
VER PRIMEIRAS PÁXINAS
EI, SUPERAVÓ!
O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo?
Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras.
Únete a eles e poderás montar en peixes voadores, fuxir de animais salvaxes e escapar de avalanchas!
Unha historia xenial para toda a familia que te levará a percorrer o mundo nunha emocionante viaxe e te deixará de volta na cama á hora de durmir!
LOS NIÑOS QUE SE OLIERON ALGO RARO
A señora Gaskitt atopa un paquete, o señor Gaskitt perde un bebé, Horacio non sabe que pensar sobre un paxariño, e a señorita Pestiño…
Por que?
Por que?
Como??
Cando???
Cando???
Por queeeeee??????
Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades.
Un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.
No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido.
Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.
FINALISTA DO PREMIO DA GALA DO LIBRO GALEGO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO DO 2019
LAS ELECCIONES DE LOS ANIMALES
Os animais xa están fartos dos abusos do León.
Deciden organizar unhas eleccións para escoller ao gobernante da selva.
Nas eleccións participan a Mona, a Perezosa, a Serpe e o León.
Pero, sabs o que pasa cando hai eleccións?
Que normas hai?
Como se escolle ao vencedor?
Prepárate para descubrir todo isto junto cos animais e escolle ao teu candidato favorito. Un libro para hablar de política con los peques.
Ningún comentario:
Publicar un comentario