venres, 18 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Un libro é o mellor agasallo

 



NO    OVO


Autor: Enma Lidia Squilari

Editorial Kalandraka



Doce criaturas recén saídas da casca protagonizan esta divertida historia que transcorre con intriga ata unha inesperada sorpresa final. Un texto breve e enigmático acompaña a uns simpáticos animais: o parrulo, a tartaruga, o crocodilo…





EL PATO GRANJERO


Autor: Martin Waddell


Editorial Juventud

Había unha vez un parrulo que tiña a mala sorte de vivir cun granxeiro moi, moi, pero que moi lacazán.
O granxeiro pasaba todo o día na cama mentres que o pobre parrulo tiña que facer todo o traballo.
Pero, un día, os restantes animais da granxa  decidiron entrar en acción!


Ganador del Smarties Book Prize,
Ganador del British Books Awards,
Mención de honor de la Medalla Kate Greenaway,


FICHA DO LIBRO






A MAXIA DA HORTA


Autor: Dani Viéitez e Iria Iglesias

Editorial  Embora


Este libro trata de achegar aos máis pequenos ao mundo da horta e á orixe dos alimentos que ven na casa a diario.

Coñecer de onde proceden os alimentos e como cultivalos e coidalos, de seguro que animará os cativos a unha alimentación máis saudable, ao tempo que gozarán dun contacto coa natureza e coas plantas moi divertido.



OSA Y LOBO


Autor: Daniel Salmieri

Editorial  Ekaré
 

Unha noite  de inverno, Osa e Lobo atópanse no profundo do bosque. Non se viran nunca pero deseguido se fan amigos. Camiñan xuntos, observando as vistas, os sons e os olores da natureza baixo a neve. Despois de despedirse , Osa vai hibernar coa súa familia e Lobo a correr coa súa manda. 

Volveranse a ver? 


ASTRONAUTA SIDERAL

Autor: Uxía Lambona e a banda molona


10 novos temas espaciais, onde os nenos e  os extraterrestres non poderán parar de bailar e cantar a ritmo de  Cumbia,  ska,  Rock&  Roll…. e outros estilos musicais, recuperando a música tradicional e actualizándoa para os nenos e nenas

O  dvd contén todos os temas en formato Karaoke para cantar en familia

Temas

01 – Noticiario

02 – Rock molón

03 –De festa

04 – Astronauta sideral

05 – Muxia & roll

06 – Na beira

07 – Verdescente

08 – Vacas de verán

09 – Parabéns

10 – A ron ron





        

EL MOCO MÁS RICO DEL MUNDO



Autor: Valeria Kiselova Savrasova & Mamen Marcén 

Editorial  Jaguar Miau 


Érase unha vez un ogro que era moi, moi lambón. Encantábanlle   as ricas comidas que lle traía a súa mamá: vermes verdes xigantescos, osos de  paspallás,  moscas en salsa e patas de arañas.

Pero o que máis, máis, máis lle gustaban eran os mocos!!!

 VEMOS UN ANAQUIÑO DO CONTO

UNHAS PÁXINAS PARA LER

Se queres facer sopas de letras, debuxos e .... UN PASTEL DE MOCOS!!!!

PREME AQUÍ

FICHA DO LIBRO


CHÍMPATE     PEPA



Autor:  Paula Carballeira

Editorial  Triqueta verde

Nas illas Cíes vive Pepa, a máis nova dunha familia de corvos mariños moñudos. Un día, Pepa lanzouse a voar cara arriba e non cara ao océano Atlántico, e todos os seus irmáns, todas as gaivotas, os frailecillos brancos e o resto de animais berraban: lánzate, Pepa!

Unha divertida historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a través da historia de Pepa, unha valente representante dos corvos mariños moñudos, que demostra o alto que se pode chegar cando persegues os teus soños.








Pete el gato and his magic sunglasses





Autor:  James Dean- Kimberly Dean

Editorial  Lata de Sal


Hoxe Pete non se esperta contento. Está triste, preocupado… e non sabe porqué .   Crúzase co seu amigo Sapo Gruñon que camiña  moi feliz levando unhas gafas de sol que son máxicas. Se as levas postas verás  a vida dun xeito diferente. Así que Pete decide axudar a todos os amigos que atopa no seu paseo  a ver a vida cunhas gafas máxicas… PERO AS GAFAS ROMPEN!!!!

Que desastre!  Que fará   Pete sin os sus lentes? 

FICHA DO LIBRO

OUTROS CONTOS DE PETE O GATO







ESCOITAMOS DOUS CONTOS DE PETE O GATO



RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA

 Un libro é o mellor agasallo


PLAN DE RESCATE


PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ   POLA IGUALDADE 2019

AUTORÍA: ANTÍA YÁÑEZ

EDITORIAL: XERAIs

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. 

Onde estará? 

E o resto do colexio? 

Por que anda a policía fóra? 

Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).

Descargar a ficha de lectura do libro

LER UN ANAQUIÑO



¿QUÉ LE PASA A NICOLÁS?




AUTORÍA: Juana Cortés Amunárriz · Raquel Díaz Reguera

EDITORIAL: NUBEOCHO

 Sofi decátase  de que algo lle está a pasar  a Nicolás. Nicolás está perdendo as súas cores. Primeiro a cor do seu cabelo, o laranxa. Logo, o verde… 

O médico diralle que coma  mandarinas, que coma kiwis. Pero, o problema de Nicolás podrá solucionarse tomando froita? 

A realidade é que Nicolás está sufrindo acoso escolar, pero Sofi  e outros amigos axudaranlle.

PASADO POR  AUGA

DIARIO DE GREG 15

AUTORÍA: JEFF KINNEY

EDITORIAL: RBA


Greg e a súa famila van de vacacións dispostos a disfrutar   da aventura da súa vida, mais acaban nun camping que non é precisamente un paraiso para veraneantes.

De súpeto empeza a chover, a chover e chover; e prodúcese a enchente do seculo. 

Os Heffley pregúntanse se están a tempo de salvar as vacacións... ou se xa están coa auga ao pescozo. 



Mi primer libro del Cosmos



AUTORÍA:  SHEDDAD KAID-SALAH FERRÓN

EDITORIAL: JUVENTUD

 

Neste libro poderás descubrir algúns dos misterios máis fascinantes do universo: 

Como viven  e morren as estrelas?

Que é un exoplaneta?

Cantas galaxias hai?

Que é a materia escura?

Por que se expande o Universo?

Que foi o Big-Bang?

 Un impresionante libro informativo ilustrado sobre o universo.

DESCARGA A FICHA DO LIBRO








 A  HISTORIA  DE  GRETA

Autoría:  VALENTINA CAMERINI

Editorial  SUSHI BOOKS

O 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible en Estocolmo, a capital de Suecia. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia. 

Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos, comezou a súa folga fronte ao edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente.  
 Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor.

 Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.

LE AQUÍ AS PRIMEIRAS PÁXINAS


ESCAPISTAS: UN ENIGMÁTICO ANUNCIO


Autoría:  XIMO CERDÁ

Editorial  ANAYA 

Emma e Vic veñen de atopar, camuflado entre as páxinas do xornal, unha mensaxe segreda. 

Coa axuda dos seus amigos Rober, Luna e  Pistachos, deberán pasar varias probas ata descubrit a una serie de pruebas para descubrir unha misteriosa conspiración.

 Un ESCAPE BOOK no que terás que resolver diferentes enigmas para poder continuar a historia.  

LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS


A tropa contra o virus


Autoría:  ALBERTO AVENDAÑO

Editorial XERAIS 

 Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. 

A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19. 

Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade. 

Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.


 MARIE CURIE Y LA RADIOACTIVIDAD


Autoría:  IAN GRAHAN

Editorial ALGAR

Marie Curie descubriu a radioactividade e utilizou  os seus estudos para salvar vidas durante a Primeira Guerra Mundial .

Queres saber máis sobre ela? 

 A vida de Marie Curie foi tan difícil como extraordinaria. A súa pasión pola ciencia levouna a deixar Polonia ye estudar na universidade de París, a Sorbona con grandes sacrificios. 

Polo descubrimento do radio, o polonio e a  radioactividade recibióu o Premio Nobel de Física en 1903  e o de Química en 1911. 

Foi a primeira muller en alcanzar este logro. 

Unha biografí con tiras comicas e recadros con datos curiosos!

AQUI PODES LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS










RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA

 Un libro é o mellor agasallo


AS HISTORIAS DO LOBO DE AREA


 Autoría: Åsa Lind  

Editorial KALANDRAKA

Zackarina vivía nunha casa á beira do mar co seu pai e coa súa nai. Nos arredores da casa había dous bidueiros xeitosos, dos que penduraba unha hamaca. Aínda que, hoxe, non era exactamente unha hamaca, senón un barco pirata, e Zackarina era a capitá...

Xa están aquí as novas aventuras do Lobo de Area e da pequena Zackarina! Se na primeira parte da triloxía a nena amosaba o seu enfado porque os seus pais non paraban de traballar e non tiñan tempo para ela, esta segunda entrega transcorre coa complicidade e coa atención dos adultos, mentres a protagonista segue medrando con novas experiencias is: a amizade, os medos, a morte, a paciencia… sempre ao carón do seu mellor amigo, que a escoita, comprende e comparte con ela a súa sabedoría e desbordante imaxinación!  

FICHA DO LIBRO

LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS

VER UN VÍDEO SOBRE O LIBRO


LA HISTORIA DEL MUNDO PARA NIÑOS



 Autoría:  LAUREN J DOWNING  

Editorial SM

Un completísimo libro de historia ilustrado para nenos  de 6 a 9 anos no que descubrirán a historia  e as culturas de todos os continentes, desde os cazadores do Paleolítico ata a actualidade. 

Neste libro poderán ver  información sobre   Mesopotamia, o antigo Exipto, a civilización china, Grecia , os imperios romano e bizantino, os pobos xermánicos, os vikingos, as cruzadas, o Xapóndos samuráis, Rapa Nui, o imperio de Malí,  os pobos maias, aztecas e incas, os grandes navegantes españois e  portugueses......... ata  chegar á época actual.


Benvido ao Outro Barrio. 
Os minimortos


Autoría:  LEDICIA COSTAS  

Edicións Xerais de Galicia

Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. 

Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. 

Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. 

Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo.

 Conseguirán que Catacrak regrese á vida?


FICHA CON ACTIVIDADES SOBRE O LIBRO

VÍDEO SOBRE O LIBRO





MARIE CURIE EN EL PAÍS DE LA CIENCIA


Autoría:     IRÈNE  COHEN-JANCA, CLAUDIA PALMARUCCI

Editorial  EKARÉ


A vida de Marie Curie foi tan difícil como extraordinaria. A súa pasión pola ciencia levouna a deixar Polonia ye estudar na universidade de París, a Sorbona con grandes sacrificios. 

Polo descubrimento do radio, o polonio e a  radioactividade recibióu oPremio Nobel de Física en 1903  e o de Química en 1911. Foia a primeira muller en alcanzar este logro. 

Esta historia conta anacos da súa infancia, os estudos  clandestinos e investigacións; pero tamén falan  do seu valor, tenacidade e xenerosidade.  


LEMOS AS PRIMEIRAS PÁXINAS




PORQUE   TE   QUERO

Autoría:  BALDO RAMOS

Editorial  GALAXIA

Un libro de poemas  moi sinxelo e cheo de musicalidade . 

Os poemas lense  practicamente igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda porque estes poemas son .... reversibles!!!


UNS POEMAS LIDOS POLO AUTOR


PARCHE, LA GATA PIRATA

 Y LA GRAN CARRERA PIRATA


Autoría: SUE MONGREDIEN & KATE PANKHURST    

Editorial  JAGUAR MIAU

Nesta ocasión, os tripulantes da Argolla Dorada competirán na “Gran Carreira Pirata”.  

Poderán superar todos os obstáculos? 

Toda a tripulación está  moi emocionada  porque esta é competición de barcos máis famosa dos setes mares.

Serán capaces de rematar  a carreira a pesar dos perigos  que axexan neses mares?

LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS

ACTIVIDADES SOBRE O LIBRO

FICHA DO LIBRO




OS SECUESTRADORES DE BURROS

Autoría:  GERALD DURRELL

Editorial  SUSHI BOOKS


Ambientada nunha illa grega, esta divertidísima  historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras. 

Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se os burros desaparecen, paralizarase toda a aldea..

Preparando o seu plan os nenos descubren que os burros poden nadar,  pero os alcaldes non!!


LE AQUÍ AS PRIMEIRAS PÁXINAS


 ART PLAY




Autoría:  MARION DEUCHARS

Editorial  COCO BOOKS

Con este libro poderás colorear o teu estado de ánimo, facer unha obra de arte cos teus garabatos, estampar o teu   propio papel de agasallo ou crear mundos novos   con manchas de pintura… 

Poderás facer moitas  actividades e xogos que aparecen en 7 seccións : Debuxo, Cor, Formas, Pintura, Papel, Impresión e Estampado, para descubrir o artista que tes dentro.


AQUÍ PODES VER UNHA FANTÁSTICA ANIMACIÓN

AQUÍ PODES VER ALGUNHAS PÁXINAS