Un libro é o mellor agasallo
Editorial KALANDRAKA
PREMIO EUSKADI DE LITERATURA 2017
PREMIO KIRICO AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2019
Voan, nadan, reptan e ruxen poeticamente. Nestes versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas -dende a curuxa ao león, pasando polo polbo ou a serpe- que habitan na terra, na auga e no aire. Agrupadas en versos “voadores”, “acuáticos”, “reptadores” e “ruxidores”, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas que reproducen os sons dos animais e os xogos de palabras .
ASTRONAUTAS. BITÁCORA DE UN VIAJE ESPACIAL
Editorial EKARÉ
Como despega unha nave espacial?
Que partes ten un traxe de cosmonauta?
Que comen os astronautas?
E como se bañan?
Todas estas preguntas están contestadas neste libro por uns simpáticos nenos astronautas. Na súa viaxe, exploran o interior da estación espacial e a vida diaria dun astronauta, incluíndo os experimentos que se fan no espacio.
AQUI PODES VER AS PRIMEIRAS PÁXINAS
O DRAGÓN QUE NON BOTABA LUME
Editorial GALAXIA
O dragón usaba o lume que saía da súa boca para incendiar.....
O que esperamos dun dragón é que nos queime o cu co seu lume.
Pero. que pasa cando un dragón non bota lume?
Pode haber peor cousa para un dragón ca iso?
Editorial FLAMBOYANT
Nove personaxes horripilantes, un terrorífico gran chef de fama mundial, e un restaurante con tres estrelas negras fan…un banquete como ningún outro!! Levanta as tapas para descubrir croquetas de avoa, caracoles cocidos na súa baba ou doce de xeado con merengue encantado.
Hai para todos os gustos!
E aínda nos espera unha gran sorpresa, porque o peor invitado non ten chegado…
LEMOS UN ANAQUIÑO
RAMONA ÓRBITA.
A DONA DO TEMPO
Editorial GALAXIA
Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza!!!
Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, posuidora dunha horta cibernética e unha perfeccionada máquina do tempo.
Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores.
EL VENDEDOR DE FELICIDAD
Autor/a: DAVIDE CALIEditorial LIBROS DEL ZORRO ROJO
Tilín, tilín! Chega o señor Pombo, o vendedor de felicidade.
Vende tarros de felicidade en tamaño pequeno, grande ou tamaño familiar. Todos os veciños coñecen o ruído da súa camioneta e saen a recibilo.
Algúns mercan un frasco de felicidade para compartir cos amigos ; outros, un de agasallo para o Nadal, para repartir a fillos, netos…
Sempre é bo ter un frasco de reserva, aínda que sexa moi pequeno.
A avoa Rita garda un segredo.
É unha superheroína!
Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor.
Unha homenaxe ás avoas, que sempre están aí cando as necesitamos.
Outro conto de SUPERAVOAS: A SUPERAVOA DE ANTÓN
Editorial BLUME
Por que Amelia Earhart é unha heroína da aviación?
• Foi a primeira muller en atravesar soa o océano Atlántico nun voo, escribiu libros que foron grandes éxitos e loitou pola igualdade de dereitos da muller.
Desapareceu cando intentaba dar a vuelta ao mundo en avión e a súa morte continúa sendo un misterio.
PARA SABER MÁIS SOBRE AMELIA EARHART
Ningún comentario:
Publicar un comentario