Un libro é o mellor agasallo
Había unha vez un parrulo que tiña a mala sorte de vivir cun granxeiro moi, moi, pero que moi lacazán.
O granxeiro pasaba todo o día na cama mentres que o pobre parrulo tiña que facer todo o traballo.
Pero, un día, os restantes animais da granxa decidiron entrar en acción!
A MAXIA DA HORTA
Este libro trata de achegar aos máis pequenos ao mundo da horta e á orixe dos alimentos que ven na casa a diario.
Coñecer de onde proceden os alimentos e como cultivalos e coidalos, de seguro que animará os cativos a unha alimentación máis saudable, ao tempo que gozarán dun contacto coa natureza e coas plantas moi divertido.
OSA Y LOBO
Unha noite de inverno, Osa e Lobo atópanse no profundo do bosque. Non se viran nunca pero deseguido se fan amigos. Camiñan xuntos, observando as vistas, os sons e os olores da natureza baixo a neve. Despois de despedirse , Osa vai hibernar coa súa familia e Lobo a correr coa súa manda.
Volveranse a ver?
ASTRONAUTA SIDERAL
10 novos temas espaciais, onde os nenos e os extraterrestres non poderán parar de bailar e cantar a ritmo de Cumbia, ska, Rock& Roll…. e outros estilos musicais, recuperando a música tradicional e actualizándoa para os nenos e nenas
O dvd contén todos os temas en formato Karaoke para cantar en familia
Temas
01 – Noticiario
02 – Rock molón
03 –De festa
04 – Astronauta sideral
05 – Muxia & roll
06 – Na beira
07 – Verdescente
08 – Vacas de verán
09 – Parabéns
10 – A ron ron
EL MOCO MÁS RICO DEL MUNDO
Érase unha vez un ogro que era moi, moi lambón. Encantábanlle as ricas comidas que lle traía a súa mamá: vermes verdes xigantescos, osos de paspallás, moscas en salsa e patas de arañas.
Pero o que máis, máis, máis lle gustaban eran os mocos!!!
Se queres facer sopas de letras, debuxos e .... UN PASTEL DE MOCOS!!!!
CHÍMPATE PEPA
Nas illas Cíes vive Pepa, a máis nova dunha familia de corvos mariños moñudos. Un día, Pepa lanzouse a voar cara arriba e non cara ao océano Atlántico, e todos os seus irmáns, todas as gaivotas, os frailecillos brancos e o resto de animais berraban: lánzate, Pepa!
Unha divertida historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a través da historia de Pepa, unha valente representante dos corvos mariños moñudos, que demostra o alto que se pode chegar cando persegues os teus soños.
Pete el gato and his magic sunglasses
Hoxe Pete non se esperta contento. Está triste, preocupado… e non sabe porqué . Crúzase co seu amigo Sapo Gruñon que camiña moi feliz levando unhas gafas de sol que son máxicas. Se as levas postas verás a vida dun xeito diferente. Así que Pete decide axudar a todos os amigos que atopa no seu paseo a ver a vida cunhas gafas máxicas… PERO AS GAFAS ROMPEN!!!!
Que desastre! Que fará Pete sin os sus lentes?
OUTROS CONTOS DE PETE O GATO
ESCOITAMOS DOUS CONTOS DE PETE O GATO
Ningún comentario:
Publicar un comentario