Un libro é o mellor agasallo
AS HISTORIAS DO LOBO DE AREA
Autoría: Åsa Lind
Editorial KALANDRAKA
Zackarina vivía nunha casa á beira do mar co seu pai e coa súa nai. Nos arredores da casa había dous bidueiros xeitosos, dos que penduraba unha hamaca. Aínda que, hoxe, non era exactamente unha hamaca, senón un barco pirata, e Zackarina era a capitá...
Xa están aquí as novas aventuras do Lobo de Area e da pequena Zackarina! Se na primeira parte da triloxía a nena amosaba o seu enfado porque os seus pais non paraban de traballar e non tiñan tempo para ela, esta segunda entrega transcorre coa complicidade e coa atención dos adultos, mentres a protagonista segue medrando con novas experiencias is: a amizade, os medos, a morte, a paciencia… sempre ao carón do seu mellor amigo, que a escoita, comprende e comparte con ela a súa sabedoría e desbordante imaxinación!
LA HISTORIA DEL MUNDO PARA NIÑOS
Autoría: LAUREN J DOWNING
Editorial SM
Un completísimo libro de historia ilustrado para nenos de 6 a 9 anos no que descubrirán a historia e as culturas de todos os continentes, desde os cazadores do Paleolítico ata a actualidade.
Neste libro poderán ver información sobre Mesopotamia, o antigo Exipto, a civilización china, Grecia , os imperios romano e bizantino, os pobos xermánicos, os vikingos, as cruzadas, o Xapóndos samuráis, Rapa Nui, o imperio de Malí, os pobos maias, aztecas e incas, os grandes navegantes españois e portugueses......... ata chegar á época actual.
Autoría: LEDICIA COSTAS
Edicións Xerais de Galicia
Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba.
Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete.
Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos.
Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo.
Conseguirán que Catacrak regrese á vida?
FICHA CON ACTIVIDADES SOBRE O LIBRO
Autoría: IRÈNE COHEN-JANCA, CLAUDIA PALMARUCCI
Editorial EKARÉ
A vida de Marie Curie foi tan difícil como extraordinaria. A súa pasión pola ciencia levouna a deixar Polonia ye estudar na universidade de París, a Sorbona con grandes sacrificios.
Polo descubrimento do radio, o polonio e a radioactividade recibióu oPremio Nobel de Física en 1903 e o de Química en 1911. Foia a primeira muller en alcanzar este logro.
Esta historia conta anacos da súa infancia, os estudos clandestinos e investigacións; pero tamén falan do seu valor, tenacidade e xenerosidade.
Un libro de poemas moi sinxelo e cheo de musicalidade .
Os poemas lense practicamente igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda porque estes poemas son .... reversibles!!!
UNS POEMAS LIDOS POLO AUTOR
PARCHE, LA GATA PIRATA
Y LA GRAN CARRERA PIRATA
Autoría: SUE MONGREDIEN & KATE PANKHURST
Editorial JAGUAR MIAU
Nesta ocasión, os tripulantes da Argolla Dorada competirán na “Gran Carreira Pirata”.
Poderán superar todos os obstáculos?
Toda a tripulación está moi emocionada porque esta é competición de barcos máis famosa dos setes mares.
Serán capaces de rematar a carreira a pesar dos perigos que axexan neses mares?
OS SECUESTRADORES DE BURROS
Autoría: GERALD DURRELL
Editorial SUSHI BOOKS
Ambientada nunha illa grega, esta divertidísima historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras.
Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se os burros desaparecen, paralizarase toda a aldea..
Preparando o seu plan os nenos descubren que os burros poden nadar, pero os alcaldes non!!
ART PLAY
Autoría: MARION DEUCHARS
Editorial COCO BOOKS
Con este libro poderás colorear o teu estado de ánimo, facer unha obra de arte cos teus garabatos, estampar o teu propio papel de agasallo ou crear mundos novos con manchas de pintura…
Poderás facer moitas actividades e xogos que aparecen en 7 seccións : Debuxo, Cor, Formas, Pintura, Papel, Impresión e Estampado, para descubrir o artista que tes dentro.
AQUÍ PODES VER UNHA FANTÁSTICA ANIMACIÓN
AQUÍ PODES VER ALGUNHAS PÁXINAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario