PAXAROS
AUTOR/A : Natacha Ortega EDITORIAL KALANDRAKA
Un poema musical onde nenas e nenos converten prazas,
parques e arboredas en espazos lúdicos de liberdade, creatividade e
imaxinación.
Interpretación musical: Paco Nogueiras
Finalista do XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, este poema musical complétase con códigos QR que permiten acceder ás tres versións da canción en galego, castelán e euskara interpretadas, respectivamente, por Paco Nogueiras, Dragón Dorado e Dana Moya con arranxos de Danieuris Moya: linguas diferentes en irmandade a través dos versos e do ritmo, para ler, contar e cantar.
DESCARGAMOS A FICHA DE LECTURA
DEL OTRO LADO DEL ÁRBOL
AUTOR/A : Mandana Sadat EDITORIAL KÓKINOS
Unha nena atopa unha cabana no bosque. Mira pola xanela e ve a unha vella de aspecto temible. Asustada, escapa e agáchase detrás dunha árbore. A muller misteriosa senta ao outro lado da mesma árbore. Pronuncia as únicas palabras de todo olibro: «Había unha vez...» e da súa boca sae un un dragón que xoga e ri coa rapaza.
É un álbum perfecto para ensinarlle aos nenos que non hai que xulgar polo aspecto físico e que unha persoa moi diferente a nós pode converterse nun amigo.
Moncho é un can, todo un can que come ósos e traballa coidando ovellas; aínda que algúns non queiran recoñecelo.
Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente.
¡HOLA OSCURIDAD! ¡NO TENGAS MIEDO!
AUTOR/A : Peter Vegas EDITORIAL JUVENTUD
Pode que teñas medo á escuridade ..., pero sabías que ela che ten medoa tí? Si!!!! A escuridade está escondida todo o día para que non a vexas ...
A escuridade pasa os días escondéndose da luz no caixón da roupa interior. A escuridade pensa que es aterrador. É certo que cando o sol se pon, a escuridade pode ser un pouco difícil de identificar ...
Pero con este libro aprenderás a facelo, ao mesmo tempo que te convences de que realmente non é un monstro terrible.
DESCARGAR LA FICHA
ACHÍS!
AUTOR/A : José Carlos Andrés- Laura Tova EDITORIAL OQO
Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme.
Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé.
Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé:
Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato…
Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé….
Despois do susto inicial a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á “normalidade”.
Cun texto sinxelo este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.
Ba
AUTOR/A : Dani Padrón EDITORIAL BULULU
A curiosidade e a imaxinación son unha linguaxe universal. O protagonista deste álbum ilustrado non necesita saír da súa casa para divertirse explorando con moita creatividade mundos marabillosos poboados de criaturas fantásticas.
Aventura, curiosidade, diversión e tenrura transmitidas grazas á xenialidade das ilustracións, cheas de cor e expresividade, que nos mostran o mundo interior dun pequeno que aínda apenas fala. Nin falta que fai.
A galiña Josefina prepara un postre na cociña. Que preparará Josefina, que todo animal que se arrima, sexa veciño ou veciña, mete o peteiro, abre o fociño, quere probar un anaquiño!
Podedes entrar, xa está listo! Pero esperade un minuto, que pasou?, Onde está? O pastel despareceu! Quen o comeu?? Quen? Quen comeu o pastel?