mércores, 16 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA



 

Bárbaras!

AUTOR/A: María Reimóndez                                  EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA


Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. 

Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? 

Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia. 

Porque, ao final, falar da regra é falar do mundo enteiro e, en particular, de tantas Bárbaras! que se negan a seguir os ditados e que, coa súa rebeldía, crean un mundo mellor para tantas outras.



LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS






 Baika en el fin del mundo

AUTOR/A: Marcin Podolec                                      EDITORIAL JUVENTUD


Baika e Victoria recorren lugares desolados, cidades en ruinas, … evitando os perigos dun mundo aterrador. Desde a gran explosión en que Victoria quedou separada dos seus pais,   ela e Baika andan a buscalos guiadas por unha misteriosa luz no ceo. 

Baika no fin do mundo é un cómic  moi axeitado para nenos porque a forza que impulsa á nosa protagonista é a amizade e  o anceio pola familia.  

A magia e o amor que hay entre Victoria e Baika será o máis importante para superar todas as adversidades con  humor.




                          Nomes

AUTOR/A: Xoán Carlos Domínguez Alberte                                    EDITORIAL GALAXIA



Nomes para coñecernos.

Nomes para soñares.

Nomes para vivirmos.

O noso mundo está cheo de Nomes.

Nomes para que non se perdan.

Nomes para non nos perder nós.



Nomes e un poemario para persoas "de 10 anos a infinitos. 

A obra conxuga o verso coa riqueza toponímica galega e mais con constantes referencias ao mundo da natureza que "reivindican" o mundo rural. 

No libro hai unha proposta de dar a coñecer a nosa vida, as nosas palabras e os nosos nomes, os nosos topónimos, ese pequeno e gran patrimonio. O primeiro poema di:

Son dun país pequeno cheo de nomes grandes

son dun país grande cheo de nomes pequenos.  


Martín, rey de los monos

Cómo el abusón de la clase aprende una gran lección

AUTOR/A:  Pedro Mañas-Beatriz Castro                              EDITORIAL EDELVIVES

 

Martín sempre se está  a  burlar dos seus compañeiros de  clase, mesmo cando visitan  o zoo da cidade.

Alí, un pequeño traspés fai que vaia parar ao foxo dos babuinos e non lle quedará máis remedio que intentar sobrevivir quince días entre un hostil grupo de monos que intentará facerlle a  vida imposible. 

Pero Martín no pensa darse fácilmente por vencido e esta experiencia... VAILLE CAMBIAR A VIDA!!!!


AXENTE X.99
Contos e versos do espazo.
AUTOR/A:  Gianni Rodari                             EDITORIAL KALANDRAKA


As fantásticas aventuras de quen fora gardián do radiofaro do asteroide X.99 é outro dos inesquecibles clásicos de Gianni Rodari. 

Historias para deleitarse coa palabra e cos xogos lingüísticos, co humor e co enxeño. 

Mundos e encontros fascinantes movidos pola curiosidade o desexo de amizade, coa excusa de exercitar a imaxinación.




LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS

Mujeres en el arte

AUTOR/A:  Rachel Ignotofsky                           EDITORIAL  NÓRDICA



Un libro inspirador cunhas  marabillosas ilustracións, que narra as  historias de cincuenta   mulleres que destacaron  en distintas artes. 
Desde  figuras moi coñecidas, como as pintoras Frida Kahlo e Georgia O’Keeffe, ata mulleres case descoñecidas como Harriet Powers, bordadora de colchas afroamericana do séculoXIX, ou  a ceramista hopi e tigua Nampeyo. 
Neste libro tamén aparecen  estadísticas sobre a representación femenina nos  museus. 




 



Ningún comentario:

Publicar un comentario