AUTOR/A: Fermín Solís EDITORIAL EL PATITO
Continúa a saga galáctica máis emocionante de todas!
En el castillo del Rey
AUTOR/A: Rebecca Colby - Tom Froese EDITORIAL EDELVIVES
No castelo do Rei habitan persoas con diferentes oficios e xuntos construen e coidan a fortaleza.
Neste libro ilustrado, con texto rimado, os lectores viaxarán ao pasado e descubrirán como era a vida castelos medievais.
AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS
AUTOR/A: Victoria García-Laura Cortés HÉRCULES DE EDICIONES
As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras.
Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.
Lupas y Nanai.
Un misterio de tierra
AUTOR/A: Diego Arboleda EDITORIAL ANAYA
Acompaña a Lupas e Nanai neste libro cheo de humor e sorpresas.
O lobo ten moita imaxinación e unhas estrañas lupas; a xirafa, destaca pola súa intelixencia e valor.
Xuntos intentarán resolver este misterio de terra, un misterio abraiante, cheo de area e calor.
Unha pirámide invisible, unha faraona abraiada, unha escriba que non escribe, un deserto no que neva, papiros,xeroglíficos... Que lle compre a este misterio para ser perfecto? Terra, moita, moita, pero que moita terra .
Eva a carteira Espacial
Premio Alberte Quiñoi de Álbum ilustrado 2021 convocado polo Concello da Estrada
AUTOR/A:Gloria Pavía EDITORIAL GALAXIA
Eva é carteira, pero non unha carteira calquera, é espacial e vén da Lúa, onde nacen as estrelas.
Nesta viaxe, percorrerá o camiño dos asteroides para atopar o pequeno Plutón. Serán os seus veciños quen de lembrarse del?
Unha aventura galáctica, onde o manto estelar e os planetas guiarán a nosa protagonista cara a este misterioso veciño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario