mércores, 16 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA

 



A vida diaria dos romanos

AUTOR/A: Pepe Carballude                                                           EDICIÓNS XERAIS


A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes. 
A través das páxinas deste libro, que percorre as distintas etapas da historia de Roma, asistimos ao nacemento dun neno ou nena, ao primeiro día de escola, aos seus enredos... 
Sabías que Roma foi fundada por un neno? Aquí cóntase como eran os xoguetes dos romanos, como se entretiña a rapazada, como vestían e como se bañaban, que comían, que deuses tiñan e como eran as súas casas. 
Tamén descubrimos as pegadas que os romanos deixaron en Galicia.

Pepa Guindilla

AUTOR/A: Ana Campoy                                                              EDITORIAL  NÓRDICA


Pepa Guindilla ten  dous pais, unha nai  e un veciño insoportable. 
Vive repartida entre as súas dúas casas  e vaille bastante ben. O seu único problema é Odioso Chivato, o veciño  do baixo.  

Pepa non quere revolucionar a vida das persoas que a rodean pero ten moita facilidade para meterse en problemas. Cada paso acaba nunha  divertida trastada e terá que afrontar as consecuencias…  


















 Teño oito anos e quero ser youtuber   

AUTOR/A: Xoán Babarro González                                          EDITORIAL GALAXIA





Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais.

Queren ser youtubers! Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuber é algo máis que sorprendente…



LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS  





 

















Ciudades perdidas

AUTOR/A: Giles Laroche                                                    EDITORIAL JUVENTUD



Situadas sobre altas montañas ou en illas lonxanas, á beira de desertos, ríos ou mares…, antaño prosperaron antigas cidades.

Algunhas formaban parte de grandes imperios; outras eran pequenas e independentes. Moitas perduraron durante séculos e experimentaron grandes cambios ata finalmente desaparecer.

Quen vivía naqueles lugares? Por que as fixeron alí hicieron? Por que estas cidades foron abandoadas? Por que se esqueceron? Como era a vida dentro destas cidades?

As súas ruínas poden darnos pistas sobre o pasado e as vidas dos seus habitantes.



DESCARGAR A FICHA DO LIBRO

Astérix  nos  xogos  olímpicos 

AUTOR/A: Goscinny-Uderzo                                                         EDICIÓNS XERAIS 

 Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

 E a vida non é doada para as garnicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum..

.Nesta ocasión todos os homes da aldea embarcan con rumbo a Grecia para participar nos Xogos Olímpicos e darlles unha vez máis unha malleira aos romanos. 

Pero as cousas complicaranse cando descubran que non poden usar a poción máxica para gañar.





















 POEMAS EN LA PISTA

AUTOR/A:Ángel Fernández                                               EDITORIAL PINTAR-PINTAR

Non hai  nubes no ceo, son as cinco da tarde, e unha carpa vermella brilla  chea de misterios. 

Unha nena entra da man da súa nai. Dentro voan os trapecistas,  barritan elefantes, danzan bailaríns e saúdan os pallasos mentres o funambulista anda sobre a corda a gran altura.

Este circo ten magos e trucos, ten tigres e leóns, e ten  unha nena feliz, e leda.  

Baixaa á pista e verás a función, atréveste?




EMPEZAR A LER OS POEMAS

DESCARGAR A FICHA DO LIBRO






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario