Amosando publicacións coa etiqueta POEMAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POEMAS. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de outubro de 2018

REFRÁNS, DITOS, ADIVIÑAS, POEMAS E CANCIÓNS DO MAGOSTO




ADIVIÑAS


Unha cousiña cousa, criada no monte,
enxoita na casa e cómese sen tasa"

Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
¿Que cousa cousiña son?

"Eu nacín dentro dun berzo, 
onde ninguén tocar ousaba:
quen puña a mau non tornaba... 


"Outo me vexo no meu lugarexo.
Por unha risada, perdín miña añada"

"Outos pais capeludas nais
e os fillos incha-foles, adiviña ti, si podes"

"Outo estou, color de ouro teño,
por unha risada perdo canto teño"

"Outo me vexo no meu canguerexo,
vexo vir e non podo fuxir"

"Outo, outo cabaleiro
dalle a risa e caelle o diñeiro"

"Alto foi meu nascimento de doncela recollida;
cando ia para me rir, tal foi a queda que dei
que a casa non máis voltei"

"Altetes, altetes con seus carrapetes;
con o riso que lle deu, todo se perdeu"

Ten pelexo coma a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.

 Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.

Alto está,
barbas ten,
ri e solta o que ten .
 
No aire se cría,
no aire se ten;
bota unha risada
e perde o que ten.



REFRÁNS SOBRE A CASTAÑA

"O que non sabe maña, non come castaña".

"Por San Martiño faise o magosto
 con castañas asadas e viño ou mosto"

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"


         A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.

         
         As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.

        Temperá é a castaña que no setembro regaña.
        
          EXPRESIÓNS COTIÁS 

 Auga de castañas: dise do café frouxo.

Quedar en auga de castañas: algo que non tivo importancia.

Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia trampa.

Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa.

Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema.

Darlle unha castaña: zurrarlle na cara.

¡Toma castaña!:
 levar un chasco.

¡
Pegarse un castañazo!Pegarse un golpe forte.    Estoupou como unha castaña: unha explosión seca.

¡Manda castaña!
Algo que non ten xustificación, que sorprende a un.

        

UNHAS CANTIGAS POPULARES

"As castañas son castañas, 
os ourizos son ourizos;
os ollos da tua cara,
 para min son dous feitizos"

"Canta a rula, canta a rula, 
canta a rula naquel souto;
Probiño daquel que espera 
polo que está na man doutro"


"Acabáronse as castañas, 
secáronse os castiñeiros,
acabáronse as rapazas;
 quedan os mozos solteiros
"Acabáronse as vendimas
 ahí veñen as esfolladas
para comer coas nenas
 catro castañas asadas"

"Has de cantar que che ei de dar zonchos, 
has de cantar que che ei de dar moitos;
has de cantar e has de cantar, 
has de cantar que chos hei de dar".

"Non chas quero, non chas quero, 
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero, 
que me cheiran a chamosco"

"A castaña no ourizo 
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo, 
mira que golpe levou"

"Naquela banda do río,
 ten meu pai un castiñeiro;
bota castañas no outono, 
uvas no mes de xaneiro"





















luns, 4 de abril de 2016

MANUEL MARÍA

A FALA


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble, 
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida, 
o coitelo da dor, 
o marmurio do vento, 
a palabra de amor.

O idioma é o tempo, 
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.



O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo, 
maxicamente vello, 
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa, 
a creación común 
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!


O idioma é o amor, 
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer. 
Precisamos a lingua
se queremos vencer!


xoves, 15 de xaneiro de 2015

UN POEMA PARA A PAZ


We sang the song

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO (Petando nas portas de Dylan) 


Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que limpen o sangue 
que tinxe as ondas do mar.

Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que os seres humanos
poidan tomarse da man
Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que certas feridas
poidan un día cerrar.

Cantamos esa canción, 
esta, aquela e moitas máis,
para que as aves no ceo
nunca deixen de voar.

Cantamos esa canción,
esta, aquela e moitas máis,
para que cubran as guerras
sabas con brumas de paz

30 xaneiro 2015


DÍA DA PAZ