Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS LECTURA INFANTIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS LECTURA INFANTIL. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 OS LIBROS AO SOL





AGORA NON, BERNARDO

DAVID McKEE                                                             EDITORIAL KALANDRAKA




Este libro é unha inquietante e divertida historia  para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden aos cativos.   
Se o teu fillo di que hai un monstro a piques de papalo, que farías? 
Un clásico que, corenta anos despois, segue tan vixente como daquela. De lectura obrigada para reflexionar sobre a (in)comunicación.

QUERES LER UNHAS PÁXINAS DO CONTO?

LA MUDANZA DE BRUCE


RYAN T. HIGGINS                                                                                    EDITORIAL  ANAYA



A guarida de Bruce non estaba mal.
Non era moi grande.
Non era moi pequena.
Pero sete inquilinos son máis do que pode soportar este oso gruñón. Así que Bruce e os gansos van buscar unha casa nova.
Pero, e se non lles gusta?





 O VELEIRO VERDE
MARÍA FUMAÇA                                                                                 EDITORIAL   GALAXIA






Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo!
A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. 







LA RUTA DEL RATÓN CARTERO

MARIANNE DUBUC                                                                      EDITORIAL   JUVENTUD





Estiveches algunha vez na casa dun crocodilo? 
E na casa dun esquío? 
Se acompañas ao Rato Carteiro  descubrirás as casas máis divertidas dos animais. 
E o último paquete…  para quen será?








OS PLANETAS



MARGARITA DEL MAZO-CECILIA MORENO                   EDITORIAL   JAGUAR





Un libro  cunhas ilustracións  preciosas  e simpáticas. Ten un colorido  espectacular, con cores vibrantes sobre o fondo negro do espacio para representar o movemento dos astros.
Realmente  o movemento parece un baile e o texto é unha melodía que nos permite emocionarnos e disfrutar das formas e as cores.




                                                                                                  




PEZ -GLOBO SE HARÁ MAYOR



GABRIELA RUBIO-ÓSCAR RAMÍREZ                                        EDITORIAL    BANG
Pez-globo non sabe o que vai ser de grande. Investiga, pregunta… Todos lle dan moitas ideas pero el non está convencido.
Ata que o descubre do xeito máis sorprendente.





TEÑO MEDO


DAVID DE LA IGLESIA                                                            EDITORIAL   GALAXIA



É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.
Quizais todos estean aínda a durmir! 

Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.
O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.



LA DICTADURA DE LAS COLETAS

ILYA GREEN                                                                EDITORIAL   KÓKINOS





Olga, Ana  e Sofía atopan un baúl cheo de vestidos e deciden organizar un concurso de beleza no que é obrigatorio levar coletas. 
As niñas non queren que Gabriel desfile con elas porque din que os nenos non son guapos e non teñen coletas. Tampouco queren que desfile o gato  porque é peludo e gris. Discuten e ao final poden desfilar  peros as rapazas cambianlle a roupa  a Gabriel e fanlle  coletas, e pintan ao gato de rosa… 
Todos se preparan para que un xurado de formigas escolla á máis guapa ou guapo. 
Pero resulta que para as formigas ser fermosa  é.. 
ser pequenas, negras e  ter antenas!!









luns, 2 de decembro de 2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA EDUCACIÓN INFANTIL



A FRAGA DO MEU AVÓ
Mamá Cabra                                                                         Editorial Galaxia
A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida.                       
Un libro-disco para concienciar da problemática dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía  para que os nenos e as nenas sigan gozando de espazos de vida coma este. Espazos que tan ben coidaron os nosos avós.






RESCATE PLANETA

PatrickGeorge                            Editorial  Juventud

Residuos plásticos? Contaminación? Aforro de energía?   
Un libro de pequeños xestos que os nenos e nenas poden facer para que o noso mundo sexa máis verde.   
Descargar la ficha técnica


O CAN DE MILU

Mariann Máray                                                                            Editorial Kalandraka


Peluso é o gran compañeiro de xogos e de diversión dunha nena encantada coa súa peculiar mascota.           
O XII Premio Internacional Compostela é unha historia de amor polos animais, amizade incondicional e libertade









MANU EN LA MONTAÑA





















Diego Arandojo + ED                                               Editorial  bang
 Manu é un neno moi medoso  e  dalle pánico ir de excursión  á montaña co seu cole. 
Pero a curiosidade vencerá aos seus medos Seguindo ás criaturas do bosque perderase e atopará refuxio nunha casa moooooi rara.


DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS


Eva Mejuto                                                                                                       Edicións Xerais
Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia.                            

Ata onde as levará a súa viaxe?                         
Unha divertida aventura chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.


PINGÜINO

 Polly Dunbar                                        Editorial Kókinos
Lu recibió un extraño regalo: un pingüín que non decía nada. Nin unha palabra, nin un riso. Non facía nada!!!
Lu estaba moi enfadado . Poderán Lu e o seu pingüín facerse amigos?