Amosando publicacións coa etiqueta ADIVIÑAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ADIVIÑAS. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de outubro de 2018

REFRÁNS, DITOS, ADIVIÑAS, POEMAS E CANCIÓNS DO MAGOSTO




ADIVIÑAS


Unha cousiña cousa, criada no monte,
enxoita na casa e cómese sen tasa"

Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
¿Que cousa cousiña son?

"Eu nacín dentro dun berzo, 
onde ninguén tocar ousaba:
quen puña a mau non tornaba... 


"Outo me vexo no meu lugarexo.
Por unha risada, perdín miña añada"

"Outos pais capeludas nais
e os fillos incha-foles, adiviña ti, si podes"

"Outo estou, color de ouro teño,
por unha risada perdo canto teño"

"Outo me vexo no meu canguerexo,
vexo vir e non podo fuxir"

"Outo, outo cabaleiro
dalle a risa e caelle o diñeiro"

"Alto foi meu nascimento de doncela recollida;
cando ia para me rir, tal foi a queda que dei
que a casa non máis voltei"

"Altetes, altetes con seus carrapetes;
con o riso que lle deu, todo se perdeu"

Ten pelexo coma a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.

 Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.

Alto está,
barbas ten,
ri e solta o que ten .
 
No aire se cría,
no aire se ten;
bota unha risada
e perde o que ten.



REFRÁNS SOBRE A CASTAÑA

"O que non sabe maña, non come castaña".

"Por San Martiño faise o magosto
 con castañas asadas e viño ou mosto"

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"


         A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.

         
         As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.

        Temperá é a castaña que no setembro regaña.
        
          EXPRESIÓNS COTIÁS 

 Auga de castañas: dise do café frouxo.

Quedar en auga de castañas: algo que non tivo importancia.

Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia trampa.

Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa.

Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema.

Darlle unha castaña: zurrarlle na cara.

¡Toma castaña!:
 levar un chasco.

¡
Pegarse un castañazo!Pegarse un golpe forte.    Estoupou como unha castaña: unha explosión seca.

¡Manda castaña!
Algo que non ten xustificación, que sorprende a un.

        

UNHAS CANTIGAS POPULARES

"As castañas son castañas, 
os ourizos son ourizos;
os ollos da tua cara,
 para min son dous feitizos"

"Canta a rula, canta a rula, 
canta a rula naquel souto;
Probiño daquel que espera 
polo que está na man doutro"


"Acabáronse as castañas, 
secáronse os castiñeiros,
acabáronse as rapazas;
 quedan os mozos solteiros
"Acabáronse as vendimas
 ahí veñen as esfolladas
para comer coas nenas
 catro castañas asadas"

"Has de cantar que che ei de dar zonchos, 
has de cantar que che ei de dar moitos;
has de cantar e has de cantar, 
has de cantar que chos hei de dar".

"Non chas quero, non chas quero, 
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero, 
que me cheiran a chamosco"

"A castaña no ourizo 
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo, 
mira que golpe levou"

"Naquela banda do río,
 ten meu pai un castiñeiro;
bota castañas no outono, 
uvas no mes de xaneiro"





















domingo, 22 de outubro de 2017

O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS 

Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que xa celebraban o magosto. Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de hoxe con Galicia, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos. 
Crese que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume. 
Era unha festa a que acudían tòdalas persoas dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o derito e a política. 
Ao mesmo tempo abríase a porta do máis aló onde moraban os mortos para que aquelas persoas que tiñan deixado este mundo se pudiesen comunicar con aquelas que ainda podían falar. 

Coa chegada do Cristianismo estes ritúais mudaron e agora celébrase o día de Todos os Santos, e ao día seguinte, o Día de Defuntos. 

O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño.
Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa buscaban un sitio axeitado para comelas. 
A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos. É común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala para que dé boa sorte. 

CANTIGAS 

Non chas quero non chas quero

castañas do teu magosto
non chas quero non chas quero 
que me cheiran ao chamosco 

Santo que estás no canizo 
vota castañas abaixo 
que anque non teño mandil, 
apañochas no refaixo.

Indo polo souto abaixo 
atopei un ouriciño 
tres castañiñas me deu 
para ti meu queriño.

A castaña no ourizo 
cria moita gravidade 
fai coma os mozos solteiros 
criados na liberdade.

Adiviñas 
“Unha cousiña cousa criada no monte, enxoita na casa e comese sin tasa.” 

Refráns 
“A castaña no agosto quere arder, e no Setembro beber.” “Temperá e a castaña, que por Setembro regaña.” 
“A castaña e o besugo no febreiro non ten zugo” 
“Castaña que está no camiño, é do veciño’’ 

 IMPORTANCIA  DA CASTAÑA  NA  DIETA

A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten máis cantidade desta vitamina que a maioría das froitas e verduras. Tamén é rica en potasio, ferro cobre, iodo fósforo e calcio. 
Poden comerse preparadas de moitas maneiras: coma primeiro prato, acompañando a outras comidas, en sobremesas…
Na actualidade as castañas galegas expórtanse a moitos países. 

RECEITAS CON CASTAÑAS 

CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE


Ingredientes: Castañas Leite Azucre Mel
Preparación: 
1º Móndanse as castañas. 
2º Póñense a cocer en auga con sal e fiuncho. 
3º Quítaselles a 2ª pel. 
4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite . 
5º Sirvense quentes e acompañadas de mel do país

MARRÓN GLACÉ









Ingredientes: 3 kg de castañas 1 ½ de viño tinto 3 kg de azucre 3 ramiñas de vainilla 3 gr de crémor tártaro 2-3 m- de tea transparente ou gasa 
Preparación: 
1º-Pélanse as castañas, dáselles un fervor e quítaselles a 2ª pel. 
2º- Colocar cada castaña dentro dun cacho de tea e atar as puntas cun fío branco. 
3º-Poñer os paquetes a remollo durante 2 horas. 
4º-Bótanse nunha cazola grande para que non queden amontoadas, engadese o viño e 1 litro de auga e déixanse cocer lentamente ata que esteñan brandas. 
5º-Escorrer e botar na mesma cazola e engadir 3 litros de auga, o azucre, a vainilla e o crémor tártaro,deixar cocer a lume lento 10 minutos
 6º-Deixar repousar 24 horas. Pasado este tempo, poñer ao lume e ferver 5 minutos, deixar repousar outras 24 horas e repetir esta última operación 4 días, ao cabo dos cales o almíbar terá que estar espeso. 
7º-Cando estén frías, escorrer , quitar a graxa e colocar sobre un tamiz. Colar o almíbar poñer ao lume e deixar reducir. 
8º- Cando empece a caramelizar botar as castañas. Unha vez frías envolver cun papel de aluminio. 


Traballo realizado polo CEIP MONSEIVANE
O colexio de Monseivane está situado nunha zona rural, en Moreda, na parroquia de Lanzós, a 8 km da localidade de Vilalba, provincia de Lugo.