Enderezo: Estrada Matamá-Pazo, 104 Santo André de Comesaña- Vigo A HISTORIA DO CASTIÑEIRO
O castiñeiro estivo presente en Galicia dende épocas xeolóxicas
.
Restos fósiles de especies moi similares aos nosos castiñeiros, de hai 8,5 millóns de anos e grans de pole de castaño nasnosas tobeiras, con 5.000 anos de antigüidade,testemuñan que esta árbore é propia desta terradende hai moito tempo.
Ata hai pouco, pensábase que o castiñeiroo introduciran en Galicia os romanos, haiaproximadamente 2.000 anos.Hoxe sabemos que oque fixeron os romanos foi distribuílo e fomentaro seu cultivo.
Ao longo do tempo fóronseseleccionando as mellores variedades, é dicir, asque producían máis e mellores froitos e madeirade maior calidade.
Hai máis de 500 anos os soutos estendíansepor toda Galicia. Actualmente a súadistribución é moi limitada, atopándose só nasbisbarras máis orientais e de elevación media deLugo e Ourense.
Durante a romanización perfecciónanse as prácticas agrícolas, dedícanse ó cultivo as terras máis fértiles, e ademais de introducirense novos cultivos lévanse tamén a cabo novas plantacións de árbores útiles como é o caso do castiñeiro.
Os romanos eran sabedores do valor alimenticio da castaña e xa dispuñan de boas variedades, que ían plantando nos lugares a medida que os ían conquistando.
A caída do Imperio Romano trouxo novos tempos de inestabilidade e retroceso social, nos que o cultivo do castiñeiro non prosperou ou se substituíu por outros.
Co desenvolvemento da Reconquista colonizáronse de novo as terras abandonadas. Tamén hai que ter presente a importancia que tiveron os mosteiros no espallamento do cultivo do castiñeiro.
Así en Galicia existen noticias de colonizacións realizadas durante os séculos X e XI polos frades bieitos de Celanova nas que introducen o cultivo do castiñeiro xunto con outros coma o viño, en lugares onde aínda non se coñecían.
Na Alta Idade Media o cultivo do castiñeiro perdeu importancia en toda Europa, debido aos brotes de peste e aos grandes períodos de guerras.Non se sementou de novo ata que chegou a fin destes acontecementos.
A aparición da enfermidade da tinta, ao redor do 1750, minguou a extensión e uso do castiñeiro.
A importación do millo de América supuxo a fin do seu apoxeoe un grande alivio para asfrecuentes épocas de gran fame que devastaban ós campesiños.
No século XVIII soutos enteiros pincháronse brutalmente para o cultivo da nova especie e da pataca especialmente nas boas terras forestais da provincia de Pontevedra.
CARACTERÍSTICAS
A especie europea de castiñeiro é Castaneasativa.
Este é o seu nome científico.
A primeira palabraindica o xénero e fai referencia á cidade de Kastana,na actual Turquía, onde se cre que comezou o seucultivo. Kastana é unha cidade do Ponto (Mar Negro) onde había moitos castiñeiros. Sativa ven do lat.: cultivado, plantado e corresponde á especie; indícanos que se cultiva para algún beneficio(alimento, madeira…)
O castiñeiro, ou castiro,"castanea sativa", vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos
Pero o noso castiñeiro non é oúnico! Doce especies de castiñeiro repártense polaszonas temperadas do hemisferio norte, como porexemplo Castanea crenata (vive en Xapón e Corea),Castanea dentata (de América do Norte), Castaneamollisima (na China)…
En Galiciaconsérvanse, polo menos, 15 variedades principaisde castiñeiro.
As diferentes calidades de cada variedade decastiñeiro fan que unhas castañas sexan melloresca outras para o mercado en fresco, algunhas para a transformación industrial, ou para usostradicionais menos intensivos.
PARTES DA ÁRBORE
A ÁRBORE
Pode alcanzar os trinta metros da altura.Copa redondeada.Pintas vermellas.
O nome do colectivo é castiñeira, souto ou castañal
TRONCO
A madeira do castiñeiro e de cor amarelade aspecto similar ao carballo.É máis doada de manexar e é máis estable.
Cando é novo, a súa cortiza é de cor cinza-pardenta, máis ou menos abrancazada, e lisa, coa copa non moi densa. Sobre os 50 anos alcanza o seu tamaño definitivo. A súa cortiza comeza a ensanchar, mudar de cor cara a un ton castaño escuro e a formar gretas profundas. A súa copa xa é densa e con moitas pólas, ofrecendo unha sombra perfecta. De vello, no tronco aparecen cavidades que proporcionan un escondedoiro perfecto a diferentes criaturas da natureza.
É unha madeira elástica, dura e de gran resistencia á humidade,moi apreciada en carpintaría. As súas pólas utilízanse na fabricación de cestas e toneis
FOLLAS
Folla caduca. Perde as súas follas no inverno.
Son simples; teñen forma de lanza fortemente dentada e alterna e cos dentes nos bordes.
Coa caída das follas no inverno, as pólas quedanao descuberto. No extremo das máispequenas, atoparás unha especie de diminutos botóns de cor castaña. Denomínanse, xemas. No seu interior, ben protexidas do frío, agardan a que chegue a primavera as follas do vindeiro ano
FLORES
A flor é a candea ou candeón.
É moi valorado o mel de candeón.
As abellas extraen mel con propiedades curativas en problemas de anemia por falta de ferro, Sirve para acelerar a circulación sanguínea e tamén actúa de astrinxente en diarreas.
As flores son diminutas.Agrúpanse en acios (fileiras acopladas a un rabillo) de cor amarela.
A polinización é por insectos
A época de floración do castiñeiro é de maio a xullo.
Nunha mesma árbore atópanse flores masculinas e femininas.
A cor amarelada que toma a ramaxe en primavera débese ás flores masculinas,
que son verdes cando son novas e de ton pardo ao murcharse.
As femininas, menos rechamantes, pasan case desapercibidas. Están xusto debaixo das masculinas, agrupadas e protexidas por unha envoltura exterior
FROITO
É a castaña que se presenta en grupos de 2-3 recubertas por unha cúpula verde con espiñas,o ourizode até 4 cm de diámetro.Ao madurecer o ourizo cae e deixa saír a castaña.
É de cor marrón escura. Madura en outono, entre as datas do San Miguel (29 de setembro) e o San Martiño (11 de novembro).
As castañas que non saíron do seu cárcere de pugas na árbore, pode que consigan a súa liberdade cando os ourizos vaian parar, tamén ao chan.
Constitúen o alimento de moitos animais coma o xabaril, rato de campo, porco teixo, corzo, esquío, pega… Algunhas das que sobrevivan ao festín darán lugar a un novo castiñeiro, pero aínda pasarán moitos anos ata que estes novos castiñeiros dean froito e comecen de novo a pechar o ciclo.
Poucas árbores prestaron tanto servizo á humanidade como o castiñeiro, ademais da súa madeira, o seu froito salvou de morrer de fame a moitas poboacións e segue consumíndose polo seu alto poder alimenticio en hidratos de carbono.
Ata o descubrimento de América e a introducción da pataca e o millo en Europa, a dieta dos nosos devanceiros baseábase no "millo miúdo" (mijo) e nas castañas. Para darnos de conta da súa importancia, teremos de saber que así como ó americano "maíz" chamámoslle millo en toda Galicia, nalgunhas bisbarras chamaron ás patacas "castañolas" ou "castañas da terra.
A madeira do castiñeiro serviu para facer lume e resulta de grande utilidade
para a fabricación de mobles, apeiros de labranza, trabes das casas, portas, fiestras, cancelos, cercados e tamén os cestos empregados en tan diversas tarefas agrícolas da nosa cultura
,
CASTIÑEIROS SENLLEIROS
O castiñeiro de Pumbariños é a arbore de maior perímetro e o castiñeiro máis vello de Galicia. Está no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 12´15 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos estendidos, para abrancar todo o seu contorno. Está situado no Souto de Rozavales, no lugar de Rozavales da parroquia de San Martiño de Manzaneda.
Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, a tres km de Lalín, dentro dun fermoso bosque formado por carballos e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela teñen arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso excede os 30 metros.
E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que aínda dá moitas e boas castañas.
VARIEDADES DE CASTAÑAS
O froito do castiñeiro é a castañaque se presenta en grupos de 2-3 recubertas por unha cúpula verde con espiñas, o ourizo de até 4 cm de diámetro. E e de cor marrón escura. e madura en outonoTradicionalmentese utilizaroncinco carácteres (ainda que hai case cen ) para definir asvariedades de castañas galegas:
1. A lonxitude das espiñasdos ourizos:tiña importancia durante a colleita para a súamanipulación.
2. O número de castañas válidas(útilespara o consumo) en cada ourizo: é importantepara determinar a produtividade dun castiñeiro.As castañas de peor calidade ou aspecto semprepodían servir de alimento para o gando.
3. O calibre ou tamaño da castaña: é importantepara a presentación do produto.
4. A peladura: foi sempre unha característica ater en conta. Hoxe en día, segue a ser importantepara a manipulación industrial.
5.O tabicado: chámase marrón á castañaque case non está tabicada.
Ou sexa, na que a pelapenas penetra na carne. Isto facilita a peladura e apresentación, sobre todo, no delicioso marrón glacé.
Coñecemos moitas variedades e nomes de castañas:
Berciana
DeLemos
Desgrañadiza
Longal
Paradesa
Calva
Negral
Do País
Monfortina
Patacuda
De cedo
Culona,
Verde
Garrida
Maceirá
Portuguesa
Blanca
Rapada,
Courelá
Salnesa
Pelada
Cabezuda
Raigona
Amarelante,
Galega
Presa
Peluda
Maia: a pilonga ou seca, e afumada.
Pilonga: castaña seca.
Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.
Mamota: cocida coas dúas cascas, zoncho;
Enxeridas: formadas por varias pezas
Bullote: castaña asada no tixolo ou cacho.
CULTURA DA CASTAÑA O home buscou dende sempre un alimento rico en hidratos de carbono e fécula que puidese almacenarse en época de abundancia, para consumilo nos duros meses do inverno. A castaña era a ideal para este papel, pois dáse ben nas condicións particulares de Galicia: escasos días de sol, abundantes choivas ou ausencia de animais capaces de afectar a un cultivo tan recio coma este. Como xa dixemos, do castiñeiro aproveitámolo todo: o froito para alimento, moi boa madeira para mobles, taninos de follas e cascas para o curtido e tinte de coiros. Na súa composición atopamos: hidratos de carbono, zucres, almidón, potasio, fósforo, vitaminas e outros minerais. A castaña é o froito máis ligado á nosa cultura. Como herdanza dos tempos nos que a castaña era un recurso imprescindible en moitas zonas de Galicia, quédanos un gran patrimonio cultural. Así se reflicte no amplo vocabulario que a identifica nas súas diferentes formas e fases de crecemento; no noso refraneiro popular; en múltiples expresións que utilizamos a cotío; nalgúns apelidos como Castiñeiras, Castiñeiro, Souto..., Tamén en topónimos coma Cequeril, Souto; en construcións tradicionais coma os sequeiros. E, por suposto, na festa por excelencia da castaña, O MAGOSTO. Tamen as romarías se facían nos soutos de castiñeiros porque eles dan a mellor sombra nos días de verán;debaixo deles estase fresco e corre o aire.
Para que as castañas duren todo o inverno, hai que seguir os métodos tradicionais.
VOCABULARIO GALEGO DA CASTAÑA
Os países da riveira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut.
Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.. :
Arbus panis: os romanos chamábanlle ó castiñeiro árbore do pan, xa que nos tempos de malas colleitas facíase o pan con fariña de castaña.
Barexar: trasnada dos cativos que van roubar castañas ós vecinos para o magosto.
Bullote: torta de fariña de castaña consumida polos lexionarios romanos.
Cacho: tixolo.
Coco: verme da castaña.
Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas.
Debullar: quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada.
Enxerimento: superficie onde remata a castaña.
Moreas: xeito de xunta-los ourizos para golpealos e separa-la castaña do ourizo.
Petela: pinzas de madeira coas que se apañan as castañas do ourizo.
Picós: anacos das cascas procedentes da pisa ou do bandoxo empregados para ceba-los porcos.
Rangalleira: Dise que o día do magosto o viño “corre á rangalleira”.
Suchar: Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma. Chuchar.
Taloura: vara longa coa que se abanea o castaño para que pinguen os ourizos; tamén é bareiro.
Tixolo: tixola de ferro con buratos onde se asan as castañas. Cacho.
Tonas: cascas da castaña.
Trasmocho: castiñeiro que medra máis ó ancho que ó alto pola acción do home, que o poda coma se fose un frutal. Deste xeito, obtéñense máis castañas, temos polas grandes para madeira en poucos anos, e non desaparece a árbore.
Xemas: partes da castaña.
O MAGOSTO
O magosto é unha celebración festiva de carácter cíclicoporque representa o paso a outro ciclo agrícola e gastronómica porque coincide coa matanza, co viño novo e coa colleita das castañas. É a festa gastronómica máis vencellada coa castaña. Existen varias teorías sobre a orixe do nome do magosto a máis estendida é que vén do latín magus ustus algo así co significado de "gran/máxica fogueira”. O magosto tradicional é unha merenda-cea no mes de novembro, nos días próximos ao San Martiño. Todo magosto comeza polo ritual de recoller a leña para a cacharela, que simboliza ao deus sol, dador de vida e purificador das ánimas. Os veciños aportan as castañas e outras viandas –chourizos, empanadas, cocido, , churrasco e patacas– e viño novo para unha comida conunitaria que simboliza os vencellos sociais da comunidade. O lume da cacharela serve para dar gracias polos froitos recibidos, por tanto é un sacrilexio apagalo.
Cando o lume está aceso, pícanse as castañas para que non rebenten coa calor. Xa coa cacharela apagada, amorean as brasas e poñen un cilindro metálico con furados que poida xirar sobre o lume no que se colocarán as castañas xa picadas. Cun pau longo de madeira vaiselle dando voltas ata que estean no seu punto. As castañas tamén poden asarse no lume directamente.
Mentres se asan as catañas, os participantes fan cucuruchos con papel para poder collelas sen queimarse. Ao longo da festa faranse xogos populares, bailes, cóntanse contos, cántase…, e como non, saltase a fogata para que dea boa sorte.
Cando había moitos rapaces en Galicia eran estes os que andaban á pillota para facer os primeiros magostos. Logo os castiñeiros atoléiranse ou sacódense cunha baloira ou pau longo e flexible para chimpar os ourizos. Os ourizos xuntábanse todos nunha pila ou ouriceira e, ó podrecer, soltan a castaña con facilidade. Hoxe non hai quen sacuda os castiñeiros e as castañas van caendo pouco a pouco e cóllense no chan. Moitas veces nin se apañan e cómenas os coellos, corzos ou xabarís.
As castañas comíanse asadas, cocidas, ou se facía fariña coas castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano. Para poder degustalas con maior comodidade, nalgúns sitios as sirven nun cucurucho ou atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar chamado “zonchos". Coas castañas pilongas, secadas ó fume no canizo mesturadas con sangue de porco, fariña de millo e leite fanse as bolas, embutidos en tripa de porco que se comen no inverno acompañando ó leite do almorzo. As castañas pilongas tamén se comen con ovos fritidos Hai anos, no tempo dos magostos era doado toparse coas castañeiras vendendo a súa mercancía nas esquinas dalgunhas rúas de Compostela, Ourense, e outras vilas, berrando ¡que ferven, castañas quentiñas!. Hoxe aínda podemos atopar vendedores ambulantescun vello carro de ferro asando castañas na rúa.Son parte inseparable da paisaxe urbana deoutono, xunto con cornetes de papel cheos decastañas quentes
Unha cousiña cousa, criada no monte, enxoita na casa e cómese sen tasa"
Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, ¿Que cousa cousiña son?
"Eu nacín dentro dun berzo,
onde ninguén tocar ousaba: quen puña a mau non tornaba...
"Outo me vexo no meu lugarexo. Por unha risada, perdín miña añada"
"Outos pais capeludas nais e os fillos incha-foles, adiviña ti, si podes"
"Outo estou, color de ouro teño, por unha risada perdo canto teño"
"Outo me vexo no meu canguerexo, vexo vir e non podo fuxir"
"Outo, outo cabaleiro dalle a risa e caelle o diñeiro"
"Alto foi meu nascimento de doncela recollida; cando ia para me rir, tal foi a queda que dei que a casa non máis voltei"
"Altetes, altetes con seus carrapetes; con o riso que lle deu, todo se perdeu"
Ten pelexo coma a xente, e é moi boa para comer; chega polo mes de Santos e todo o ano a tés.
Alto me vexo no meu capelexo, por unha risada quedeime sen nada.
Alto está, barbas ten, ri e solta o que ten .
No aire se cría, no aire se ten; bota unha risada e perde o que ten.
REFRÁNS SOBRE A CASTAÑA
"O que non sabe maña, non come castaña".
"Por San Martiño faise o magosto
con castañas asadas e viño ou mosto"
"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"
"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"
A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.
As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.
Temperá é a castaña que no setembro regaña.
EXPRESIÓNS COTIÁS
Auga de castañas: dise do café frouxo.
Quedar en auga de castañas: algo que non tivo importancia.
Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia trampa.
Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa.
Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema.
Darlle unha castaña: zurrarlle na cara.
¡Toma castaña!:levar un chasco.
¡Pegarse un castañazo!: Pegarse un golpe forte.Estoupou como unha castaña: unha explosión seca.
¡Manda castaña!: Algo que non ten xustificación, que sorprende a un.
UNHAS CANTIGAS POPULARES
"As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos; os ollos da tua cara,
para min son dous feitizos"
"Canta a rula, canta a rula,
canta a rula naquel souto; Probiño daquel que espera
polo que está na man doutro"
"Acabáronse as castañas,
secáronse os castiñeiros, acabáronse as rapazas;
quedan os mozos solteiros
"Acabáronse as vendimas
ahí veñen as esfolladas para comer coas nenas
catro castañas asadas"
"Has de cantar que che ei de dar zonchos,
has de cantar que che ei de dar moitos; has de cantar e has de cantar,
has de cantar que chos hei de dar".
"
"
"Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto. Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran a chamosco"
"A castaña no ourizo
quixo rir e reventou: caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou"
"Naquela banda do río,
ten meu pai un castiñeiro; bota castañas no outono,
uvas no mes de xaneiro"
domingo, 22 de outubro de 2017
O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS
Fai
moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que xa
celebraban o magosto. Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de
hoxe con Galicia, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos.
Crese que o
magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o
remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se
fai no interior a carón do lume.
Era unha festa a que acudían tòdalas persoas
dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o
derito e a política.
Ao mesmo tempo abríase a
porta do máis aló onde moraban os mortos para que aquelas persoas que tiñan
deixado este mundo se pudiesen comunicar con aquelas que ainda podían falar.
Coa chegada do Cristianismo estes ritúais mudaron e agora celébrase o día de
Todos os Santos, e ao día seguinte, o Día de Defuntos.
O magosto tradicional enténdese coma unha merenda,
a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do
San Martiño.
Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen
parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben
asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa buscaban un sitio
axeitado para comelas.
A festa non sería tal sen contar cos xogos populares,
bailes, cantos e contos. É común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala
para que dé boa sorte.
CANTIGAS
Non chas quero non chas
quero
castañas do teu magosto
non chas quero non chas quero
que
me cheiran ao chamosco
Santo que estás no canizo
vota castañas abaixo
que anque
non teño mandil,
apañochas no refaixo.
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño
tres castañiñas me deu
para ti meu queriño.
A castaña no ourizo
cria moita
gravidade
fai coma os mozos solteiros
criados na liberdade.
Adiviñas
“Unha
cousiña cousa criada no monte, enxoita na casa e comese sin tasa.”
Refráns
“A castaña no agosto quere arder, e no Setembro beber.” “Temperá e a
castaña, que por Setembro regaña.”
“A castaña e o besugo no febreiro non ten
zugo”
“Castaña que está no camiño, é do veciño’’
IMPORTANCIA DA CASTAÑA NA DIETA
A castaña é
rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten máis
cantidade desta vitamina que a maioría das froitas e verduras. Tamén é rica en
potasio, ferro cobre, iodo fósforo e calcio.
Poden comerse preparadas de moitas
maneiras: coma primeiro prato, acompañando a outras comidas, en sobremesas…
Na
actualidade as castañas galegas expórtanse a moitos países.
RECEITAS CON
CASTAÑAS
CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
Ingredientes: Castañas Leite Azucre Mel
Preparación:
1º Móndanse as castañas.
2º Póñense a cocer en auga con sal e
fiuncho.
3º Quítaselles a 2ª pel.
4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite .
5º Sirvense quentes e acompañadas de mel do país
MARRÓN
GLACÉ
Ingredientes: 3 kg de castañas 1 ½ de viño tinto 3 kg de azucre 3 ramiñas
de vainilla 3 gr de crémor tártaro 2-3 m- de tea transparente ou gasa
Preparación:
1º-Pélanse as castañas, dáselles un fervor e quítaselles a 2ª
pel.
2º- Colocar cada castaña dentro dun cacho de tea e atar as puntas cun fío
branco.
3º-Poñer os paquetes a remollo durante 2 horas.
4º-Bótanse nunha cazola
grande para que non queden amontoadas, engadese o viño e 1 litro de auga e
déixanse cocer lentamente ata que esteñan brandas.
5º-Escorrer e botar na mesma
cazola e engadir 3 litros de auga, o azucre, a vainilla e o crémor
tártaro,deixar cocer a lume lento 10 minutos
6º-Deixar repousar 24 horas. Pasado
este tempo, poñer ao lume e ferver 5 minutos, deixar repousar outras 24 horas e
repetir esta última operación 4 días, ao cabo dos cales o almíbar terá que
estar espeso.
7º-Cando estén frías, escorrer , quitar a graxa e colocar sobre
un tamiz. Colar o almíbar poñer ao lume e deixar reducir.
8º- Cando empece a
caramelizar botar as castañas. Unha vez frías envolver cun papel de aluminio.
Traballo realizado polo CEIP MONSEIVANE
O colexio de Monseivane está situado nunha zona rural, en Moreda, na parroquia de Lanzós, a 8 km da localidade de Vilalba, provincia de Lugo.