Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS LECTURA 5º e 6º DE PRIMARIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS LECTURA 5º e 6º DE PRIMARIA. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 5º-6º DE PRIMARIA

 OS LIBROS AO SOL



CARRIANDOLA
AS ABRAIANTES AVENTURAS DE MARIÑA

ALOYSIUS-SIMÓN BLANCO                                                  EDITORIAL AIRA



Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. 
Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre.
 Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. 
Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago.
Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz. 
Acompáñanos nesta alucinante viaxe.





UNIDADE DIDÁCTICA CARRIANDOLA





DESCUBRE LA ARQUITECTURA

BERTA BARDÍ I MILÀ                                              EDITORIAL JUVENTUD






Quen construiu as primeiras casas?  
Como se constrúe unha  cúpula? 
Desde cando se utiliza o formigón? 
Pódese construir unha casa con papel?
Se quieres saber máis sobre os edificios que nos rodean, esta guía é unha introdución perfecta á arquitectura en todo o mundo. 
Desde as cabanas ata os edificios actuais, poderás explorar edificios famosos e obter más información sobre  as personas que os crearon.
Tamén descubrirás commo se desenvolveron os diferentes materiais de construción, desde o barro e a palla ata o aceiro e o formigón armado.




VAMPIRA DE BIBLIOTECA

LEDICIA COSTAS                                                                 EDICIÓNS XERAIS







Esta non é unha historia calquera. 
É a miña historia. 
Preguntarás quen son eu. 
Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. 
Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. 
Fin.
Ou tamén podes atreverte a continuar. 
Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. 
Atréveste?














 PIONERAS
MUJERES QUE ABRIERON CAMINO

ESPIDO FREIRE                                                    EDITORIAL ANAYA


Descubre as vidas de VINTE mulleres admirables.
Este libro fala de mulleres que foron as primeiras en romper un límite. 
As que vivieron no século XIX buscaron, sobre todo,  poder estudiar e que lles permitisen traballar no que desexaban.
As de primeiros do século XX tiveron coma obxectivo o voto e os dereitos da muller.
Algunhas destas pioneiras son moi coñecidas, a outras so as lembras na súa terra,e outras están completamente esquecidas.
Cóstanos crer que algo tan normal coma ser médica, alcaldesa ou carteira representara un escándalo para a xente da súa época.
As nosas rapazas deben lograr novas conquistas e será máis doado  se coñecen as historias das mulleres que o conseguiron antes, e se teñen a confianza e a certeza de que poderán ser o que desexen e chegar ata onde queiran.


VER AS PRIMEIRAS PÁXINAS DO LIBRO

GUÍA DE LECTURA







PLASTICUS MARITIMUS

ANA PÊGO - ISABEL MINHÓS MARTINS                   EDITORIAL KALANDRAKA







Os plásticos foron a miña escolla porque representan o 80% do lixo que hai nos océanos. 
Alén diso, todas as evidencias parecen indicar que existe unha relación entre a presenza de microplásticos  nos océanos e moitos problemas de saúde. 
As algas, os peixes  e moitas especies xa se están a ver afectadas. 
E o máis probable  é que nós, os humanos, xa esteamos tamén a sufrir  as consecuencias desta contaminación… 

A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade.
Agora forma parte dunha rede internacional de expertos  que axudan a identificar os plásticos recollidos. 
Dende os obxectos  nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada  pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm.   esta obra alerta sobre a contaminación. 
Ademais de cuestionar certas ideas sobre a reciclaxe, ofrecer consellos para facer unha saída á praia, sinalar os elementos  máis comúns e os máis perigosos de cantos abundan ou destacar exemplos de boas prácticas no mundo na loita contra o plástico, este libro resume en  as medidas necesarias para xerar conciencia social e actuar.







VIAJE SUBMARINO
ELIGE TU PROPIA AVENTURA

R.A. Montgomery                                                                   EDITORIAL RBA




O que pasa nesta historia decídelo TÍ. 
Terás que sobrevivir a  grandes perigos e unha  mala decisión podería acabar nun  desastre...
Pero non te preocupes. 
En calquer momento podes retroceder e escoller outra opción para cambiar  a historia e o seu final.
Esta é a túa misión: debes localizar a lexendaria civilización perdida da  Atlántida. 
Espérante  todo tipo de perigos.
Debes elixir ben para cumprir a túa misión.





TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA

ROSA ANEIROS                                                                    EDICIÓNS XERAIS

Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018

Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. 
A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. 
Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles!
Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro.
Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.





UNA MITOLOGÍA
SERES Y MITOS DEL NORTE

Aurelio González Ovies                                                   EDITORIAL PINTAR-PINTAR  






 Nestas páxinas vas atopar seres míticos que poboaron os nosos soños e os nosos pesadelos, as nosas cancións e lendas desde hai moito tempo.
Coñececerás a seres máxicos que habitan no Norte –desde as rías de Galicia aos montes do País Vasco–, como o Busgoso, o Coco ou Bruxa.E descubrirás descubrirás outros, coma o Huerco, Freba ou Zamparrampa. O ilustrador Toño Velasco e o poeta Aurelio González Ovies transmiten con con pinceladas e versos,  as historias destas criaturas mitolóxicas.

VER AS PRIMEIRAS PÁXINAS



luns, 2 de decembro de 2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA


O DIARIO DE GREG 14. TOMA DESFEITA

Jeff Kinney                                                                                                                                     Editorial RBA    


Unha herdanza dálle á familia de Greg a oportunidade de reformar a casa. En canto botan abaixo os tabiques, xorden os problemas: madeiras podres, bichos grimosos e algo aínda máis sinistro.   Greg e os seus pregúntanse :

Cando rematen as obras, poderán os Heffley quedar na cidade… ou terán que marchar? 



GRANDES MUJERES QUE CAMBIARON EL MUNDO


Kate Pankhusrt                                                                                                                     Editorial Anaya


A  historia de trece mulleres que cambiaron o mundo. Conta a vida, anécdotas e principais logros de  Frida Khalo, Coco Chanel ou Jane Austen. As páxinas centrales adícanse a  Emmeline Pankhurst e as sufraxistas  que conseguiron o dereito ao voto para as mulleres na Inglaterra de 1903.


OS  PELOTEIROS

Patricia Mallo                                                                                     Editorial  Galaxia

Queres saber que son os Peloteiros?

Os Peloteiros Fútbol Club poderíanse definir como o peor club na historia dos clubs de fútbol, sendo ben optimistas. Esta agrupación, formada por sete rapaces moi diferentes, foi protagonista dun suceso acontecido o pasado verán, un suceso que…



QUERIDO HIJO: TE VAS CON LOS ABUELOS



 Jordi Sierra i Fabra                                                                         Editorial Santillana
Lucas acaba de recibir as peores noticias do mundo:  Ten que pasar as vacaciones cos avós nunha vila aillada e SEN  INTERNET!!!                 
Ao chegar á casa  decátase de que algo está a pasar :

Porque os avós  están tan raros? 
Que agachan no soto? 
Serán narcotraficantes? 
Lucas está decidido a desvelar ese  misterio…



CONEXIÓN MACARRÓN

Ledicia Costas                                                                                 Edicións Xerais


Espe e a Rino agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio. Era moi raro e os seus ollos brillaban cunha potente luz branca. Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre!!!!
  

EL CLUB DE LOS RAROS

Joe Todd-Stanton                                                                              Editorial SM

Hugo é tartamudo e Bernardo, disléxico. Fanlles a  vida imposible porque pensan que son raros. 
Por iso  deciden fundar un club e levarán unha gran sorpresa cando descubran todas as persoas que queren formas parte   do seu Club de  Raros!

O “normal” é ser “raro”. Todos somos raros. Por iso, o máis importante é saber rirse dun mesmo