mércores, 16 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA

 



A vida diaria dos romanos

AUTOR/A: Pepe Carballude                                                           EDICIÓNS XERAIS


A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes. 
A través das páxinas deste libro, que percorre as distintas etapas da historia de Roma, asistimos ao nacemento dun neno ou nena, ao primeiro día de escola, aos seus enredos... 
Sabías que Roma foi fundada por un neno? Aquí cóntase como eran os xoguetes dos romanos, como se entretiña a rapazada, como vestían e como se bañaban, que comían, que deuses tiñan e como eran as súas casas. 
Tamén descubrimos as pegadas que os romanos deixaron en Galicia.

Pepa Guindilla

AUTOR/A: Ana Campoy                                                              EDITORIAL  NÓRDICA


Pepa Guindilla ten  dous pais, unha nai  e un veciño insoportable. 
Vive repartida entre as súas dúas casas  e vaille bastante ben. O seu único problema é Odioso Chivato, o veciño  do baixo.  

Pepa non quere revolucionar a vida das persoas que a rodean pero ten moita facilidade para meterse en problemas. Cada paso acaba nunha  divertida trastada e terá que afrontar as consecuencias…  


















 Teño oito anos e quero ser youtuber   

AUTOR/A: Xoán Babarro González                                          EDITORIAL GALAXIA





Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais.

Queren ser youtubers! Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuber é algo máis que sorprendente…



LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS  





 

















Ciudades perdidas

AUTOR/A: Giles Laroche                                                    EDITORIAL JUVENTUD



Situadas sobre altas montañas ou en illas lonxanas, á beira de desertos, ríos ou mares…, antaño prosperaron antigas cidades.

Algunhas formaban parte de grandes imperios; outras eran pequenas e independentes. Moitas perduraron durante séculos e experimentaron grandes cambios ata finalmente desaparecer.

Quen vivía naqueles lugares? Por que as fixeron alí hicieron? Por que estas cidades foron abandoadas? Por que se esqueceron? Como era a vida dentro destas cidades?

As súas ruínas poden darnos pistas sobre o pasado e as vidas dos seus habitantes.



DESCARGAR A FICHA DO LIBRO

Astérix  nos  xogos  olímpicos 

AUTOR/A: Goscinny-Uderzo                                                         EDICIÓNS XERAIS 

 Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

 E a vida non é doada para as garnicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum..

.Nesta ocasión todos os homes da aldea embarcan con rumbo a Grecia para participar nos Xogos Olímpicos e darlles unha vez máis unha malleira aos romanos. 

Pero as cousas complicaranse cando descubran que non poden usar a poción máxica para gañar.





















 POEMAS EN LA PISTA

AUTOR/A:Ángel Fernández                                               EDITORIAL PINTAR-PINTAR

Non hai  nubes no ceo, son as cinco da tarde, e unha carpa vermella brilla  chea de misterios. 

Unha nena entra da man da súa nai. Dentro voan os trapecistas,  barritan elefantes, danzan bailaríns e saúdan os pallasos mentres o funambulista anda sobre a corda a gran altura.

Este circo ten magos e trucos, ten tigres e leóns, e ten  unha nena feliz, e leda.  

Baixaa á pista e verás a función, atréveste?




EMPEZAR A LER OS POEMAS

DESCARGAR A FICHA DO LIBRO






 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA 1º -2º DE PRIMARIA

 





Astro-Rato e Lampadiña 4. 
O Planeta Peperete.

AUTOR/A: Fermín Solís                                               EDITORIAL EL PATITO


Continúa a saga galáctica máis emocionante de todas! 
Unha vez máis Astro-Rato ten que actuar para desfacer unha inxustiza: os habitantes do planeta Peperete ven a súa existencia —e a colleita de garapiñadas— ameazada polas pillaxes dun fato de bandidos, o grupo de supermalfeitores coñecido en toda a galaxia como Os 4 Molestos. 
Pero as súas forzas non abondan para enfrontarse a semellante perigo e os nosos amigos vense na obriga de recrutar unha nova tripulación.



En  el  castillo  del  Rey

AUTOR/A: Rebecca Colby   - Tom Froese                                      EDITORIAL  EDELVIVES

  

No castelo do Rei habitan persoas con diferentes oficios e xuntos construen e  coidan a fortaleza. 

Neste    libro ilustrado, con texto rimado, os lectores viaxarán ao pasado e  descubrirán como era  a vida castelos  medievais.





AS  FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS

AUTOR/A: Victoria García-Laura Cortés                                       HÉRCULES DE EDICIONES


 

As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras.

 Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.











Lupas y Nanai. 

Un misterio de tierra

AUTOR/A: Diego Arboleda                                                           EDITORIAL ANAYA 

 

Acompaña a Lupas e Nanai   neste libro cheo  de humor e sorpresas.

O lobo ten moita imaxinación  e unhas estrañas lupas;  a xirafa, destaca pola súa intelixencia e valor.

Xuntos intentarán resolver este misterio de terra, un misterio abraiante, cheo de  area e calor.

Unha pirámide invisible, unha faraona abraiada, unha escriba que non escribe, un deserto no que neva, papiros,xeroglíficos... Que lle compre a este misterio para ser perfecto? Terra, moita, moita, pero que moita terra . 




EMPEZAR A LER

 






Eva  a  carteira  Espacial 

Premio Alberte Quiñoi de Álbum ilustrado 2021 convocado polo Concello da Estrada

AUTOR/A:Gloria Pavía                                                       EDITORIAL GALAXIA


Eva é carteira, pero non unha carteira calquera, é espacial e vén da Lúa, onde nacen as estrelas.

 Nesta viaxe, percorrerá o camiño dos asteroides para atopar o pequeno Plutón. Serán os seus veciños quen de lembrarse del? 

Unha aventura galáctica, onde o manto estelar e os planetas guiarán a nosa protagonista cara a este misterioso veciño.



UN  OGRO  EN  BUSCA  DE  CUENTO

AUTOR/A:L. Victoria Jove Crespo                                                       EDITORIAL PINTAR-PINTAR

O Ogro de Polgariño saiu do seu conto, e agora non é quen de atopar de novo a Polgariño. 
Vanlle axudar a Carapuchiña, o Xastre Valente e os sete ananiños do conto de Brancaneves. Tamén vai colaborar o Lobo e o Gato conBotas.
Queres botarllr unha man ao  Ogro?
Pero lembra que non debes achegarte moito porque o Ogro  está sen comer,  e o seu prato favorito son os nenos cocidos!!!!





















sábado, 17 de abril de 2021

XELA ARIAS : RECURSOS INTERACTIVOS



XELA ARIAS E SARRIA


 XELA ARIAS E VIGO

 


OS NOMES EN GALEGO


 



XELA ARIAS


"Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados"
 

NO 2021  O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADÍCASELLE  A XELA ARIAS

Xela Arias non só foi escritora, tamén traduciu ao galego unha morea de novelas e contos escritos noutros idiomas para que gocemos deles na nosa lingua, entre outras moitas cousas que fan dela unha persoa que nos produce moita admiración.

 


"Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolver a aceptación do seu propio idioma."


OBRAS DE XELA ARIAS 


AS LOITAS DE XELA 

 

CHAPAS, IMAXES E MARCAPÁXINAS DE XELA ARIAS 

 

      AUTODEFINIDO XELA ARIAS





 

 

ALGÚNS POEMAS DE XELA ARIAS














       CANCIÓNS










                              E UN ANACO  DE CONTO