mércores, 10 de xuño de 2015

RECOMENDACIÓNS LECTURA 5º E 6º DE PRIMARIA




 A gramola Gominola
Autor:  A gramola Gominola Editorial Galaxia
Pop, punk, reggae, heavy ou ska.. A Gramola Gominiola, é un libro-CD cun percorrido polos estilos musicais contemporáneos para os máis novos.
Ritmos adultos con letras nas que se abordan temas como os deberes, os cromos, os xogos, ou cantan sobre Barriga Verde a ritmo de country

El Amor
Autor: Raquel Díaz Reguera  Editorial Lumen

Se te fas un lío co amor e xa no entendes nada; se todo o teu mundo está patas arriba; se che dá por escoitar cancións románticas e tristes… este é o teu libro: 
Todos os tipos de amor do A ao Z.


 O meu pesadelo favorito

Autor:María Solar  Editorial Galaxia


Manuel estaba enfermo, tiña febre, e o pai chamou ao veterinario, porque na  súa illa   non hai médico. 
Recetoulle un xarope para cans e agora Manuel non para de soñar. Así coñece un dinorrinco e un hipodrilo, un extraterrestre preguntón e a Alicia, unha nena que vén do País das Marabillas. 







La loca historia de la humanidad. La prehistoria    

Autor: Josep Busquet- Álex López Editorial Montena

Un divertido repaso pola prehistoria con humor, pasatempos, curiosidades e explicacións sinxelas para pasalo en grande. 
Neste percorrido acompañarate a familia  máis tola e aventureira de toda a historia.
Descubre todo o que hai  que saber sobre a orixe da humanidade..



Sira e o robot

Autor: Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños Edicións Xerais

Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Sira, xunto co seu robot, decide ir a  un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. 
Unha aventura espacial.

La lección de August
Autor:R.J. Palacio Editorial Nube de Tinta




A súa cara faino distinto. August  ten 12 anos, sae pouco, é un fan de A guerra das  Galaxias e foi educado en casa pola súa nai.  Este ano vai ir, por primeira vez, á escola.  Alí terá días moi duros, facerá amigos e aprenderá a aceptarse tal como é.       








RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA




Cadros dunha exposición
Autor: José Antonio Abad   Editorial Kalandraka

 A gansa Ocazul pasa todos os días por diante do Museo de San Petersburgo. Ela vainos guiar polo Museo contemplando as pinturas do artista Viktor Hartmann.
Mentres escoitaremos a obra
que Modest Mussorgsky compuxo en memoria do seu amigo.



Vuela, Yoa, vuela
Autor: Jeanette Randerath y Daniele Winterhager Editorial Juventud



A historia de Yoa desenvólvese durante a longa época da Idade de Pedra, hai uns 18000 anos cando o clima de Europa era glacial.
Este  conto introdúcenos no modo de vida cotián  e nas crenzas espirituais dos nosos antepasados.

  

  



O detective de Nullabor
Autor: Antonio Yánez Casal  Editorial SM

Unha estraña epidemia esténdese por Australia.  Os contos están cambiando, xa non son como antes e os nenos non poden durmir. Quen mellor que Etelvino Chouteiro, detective marsupial, para investigar o misterio?






El jardín de las delicias. El Bosco
Autor: Amaya Bozal  Editorial Antonio Machado


Este libro conta a historia dun famoso cadro "O  xardín das  delicias", pintado por Hieronymus Bosch, O Bosco, que  se atopa no Museu do Prado. Os rapaces e os  adultos poderán contemplar e intentar resolver algúns dos enigmas e acertixos que esta maravillosa obra nos presenta.

Los superhéroes odian las alcachofas
Autor: Sébastien  Pérez  Editorial Edelvives


Quen non quere ser un superheroe? O superheroe Fosfo ensinanos todo sobre o seu mundo: retratos, aventuras, testimonios exclusivos...
Pero, se tes poderes,  evita as alcachofas!
Ilustracións en 3D con gafas para disfrutalas.




Rubicundo
Autor: María Canosa   Edicións Xerais



Todas as noites Erea espertaba co ruído da bicicleta do seu veciño,  unha daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. O veciño chamábase Rubicundo. e todas as noites subía na bicicleta e comezaba a viaxe enriba dunha árbore do xardín e perdíase de   vista.



martes, 9 de xuño de 2015

LIBROS RECOMENDADOS 1º E 2º DE PRIMARIA


Almanaque musical
Autor: Antonio Rubio Editorial Kalandraka


“Almanaque musical” ten doce poemas, un para cada
mes do ano, acompañados por música clásica.
Os versos falan do tempo
a ritmo de vals, tocata ou sinfonía.




Estrambólicos
Autor: José Jorge Letria Editorial La Fragatina


Os estrambólicos son unhas criaturas extrañas que poden cambiar de aspecto e de nome. Este libro preséntanos 4.096 personaxes diferentes. Un conto para experimentar coas formas e facer malabarismos coas palabras.

 O cullarapo Croque
Autor:  Miguel Ángel Alonso  Editorial Nova Galicia

Un fantástico libro de versos que a nai de Croque lle recitaba cando el era un cullarapo. Páxinas cheas de poesía para achegar aos nenos temas como o amor, os soños, o respecto aos animais…

Ana Zap
Autora: Virginia Brown Editorial SM


Ana Zap é unha nena de nove anos que ten moitos segredos. No seu diario cóntanos algúns: a pelexa con Alicia Silva, as clases de danza, a participación nunha serie de televisión , a súa amistade con Federico e… o segredo máis grande…. Ana Zap é unha bruxa!!!

A rula, o peluche e a nena
Autor: Paco Martín  Edicións Xerais



Esta é a historia dunha rula moi curiosa que se chama Airosiña. Foi a primeira en botar a cabeciña fóra do niño feito polos seus pais. Ten unha inmensa curiosidade que a leva a vivir unha gran aventura. 





Nunca sonrías a un mono
Autor:Steve Jenkins  Editorial Juventud


Este libro trata de criaturas que, se non temos coidado, poden resultar perigosos,
Por que son tan perigosos estes animais?
Que é o que nunca deberías facer se te atopas con algún?

LIBROS RECOMENDADOS EDUCACIÓN INFANTIL






















 A CIDADE DOS GATOS
Autor: Carmen García Iglesias  Editorial Lata de Sal




Omar e Lila son dous gatos que viven rodeados de libros en Istambul, a cidade dos gatos. Un día, Omar desaparece e Lila búscao por toda a cidade acompañada dos gatos que viven nos museos, nos palacios, no peirao... 

EL RATÓN QUE SE COMIÓ LA LUNA

Autor: Petr Horáčekç Editorial Juventud


Un anaquiño de lúa cae ao chan. O noso ratiño non pode resistir: dalle unha trabadiña, logo outra, e outra e …
Pero, que lle pasará agora á lúa? Volverá a ser redonda ou…?




Kiwi, un pájaro más bien raro
Autor: Susanna Isern Editorial La Fragatina

Un día Ratón contoulle a Kiwi algo abraiante: «Din que es un paxaro.» Kiwi. sorprendeuse moito: «Como vou ser un paxaro se non podo voar?» Un fermoso conto que nos fala da importancia das diferencias. 

Mamá ya viene
Autor: Zaza Pinson   Editorial  TAKATUKA

A mamá de Lisa é moi  despistada e esquece as cousas. A nena  ten medo de perdela e vai sempre agarrada da súa man. Lisa asústase e non o pasa nada ben .
Menos mal que todo ten  solución! Lisa e os seus papás terán que falar moito . 

 


Non hai berce coma o colo

Autor: Magoia Bodega e Paulo Nogueira Editorial Kalandraka


O remedio aos medos, os desacougos e  os choros son os cantos de berce.
Unha viaxe musical pola xeografía galega, dende Viveiro a Domaio.. Cada canto  está ilustrado cun intenso colorido.


A mellor sopa do mundo   

Autor: Susanna Isern & Mar Ferrero   Editorial OQO


Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa..