martes, 9 de xuño de 2015

LIBROS RECOMENDADOS EDUCACIÓN INFANTIL






















 A CIDADE DOS GATOS
Autor: Carmen García Iglesias  Editorial Lata de Sal




Omar e Lila son dous gatos que viven rodeados de libros en Istambul, a cidade dos gatos. Un día, Omar desaparece e Lila búscao por toda a cidade acompañada dos gatos que viven nos museos, nos palacios, no peirao... 

EL RATÓN QUE SE COMIÓ LA LUNA

Autor: Petr Horáčekç Editorial Juventud


Un anaquiño de lúa cae ao chan. O noso ratiño non pode resistir: dalle unha trabadiña, logo outra, e outra e …
Pero, que lle pasará agora á lúa? Volverá a ser redonda ou…?




Kiwi, un pájaro más bien raro
Autor: Susanna Isern Editorial La Fragatina

Un día Ratón contoulle a Kiwi algo abraiante: «Din que es un paxaro.» Kiwi. sorprendeuse moito: «Como vou ser un paxaro se non podo voar?» Un fermoso conto que nos fala da importancia das diferencias. 

Mamá ya viene
Autor: Zaza Pinson   Editorial  TAKATUKA

A mamá de Lisa é moi  despistada e esquece as cousas. A nena  ten medo de perdela e vai sempre agarrada da súa man. Lisa asústase e non o pasa nada ben .
Menos mal que todo ten  solución! Lisa e os seus papás terán que falar moito . 

 


Non hai berce coma o colo

Autor: Magoia Bodega e Paulo Nogueira Editorial Kalandraka


O remedio aos medos, os desacougos e  os choros son os cantos de berce.
Unha viaxe musical pola xeografía galega, dende Viveiro a Domaio.. Cada canto  está ilustrado cun intenso colorido.


A mellor sopa do mundo   

Autor: Susanna Isern & Mar Ferrero   Editorial OQO


Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa..
  



  

Ningún comentario:

Publicar un comentario