mércores, 10 de xuño de 2015

RECOMENDACIÓNS LECTURA 5º E 6º DE PRIMARIA




 A gramola Gominola
Autor:  A gramola Gominola Editorial Galaxia
Pop, punk, reggae, heavy ou ska.. A Gramola Gominiola, é un libro-CD cun percorrido polos estilos musicais contemporáneos para os máis novos.
Ritmos adultos con letras nas que se abordan temas como os deberes, os cromos, os xogos, ou cantan sobre Barriga Verde a ritmo de country

El Amor
Autor: Raquel Díaz Reguera  Editorial Lumen

Se te fas un lío co amor e xa no entendes nada; se todo o teu mundo está patas arriba; se che dá por escoitar cancións románticas e tristes… este é o teu libro: 
Todos os tipos de amor do A ao Z.


 O meu pesadelo favorito

Autor:María Solar  Editorial Galaxia


Manuel estaba enfermo, tiña febre, e o pai chamou ao veterinario, porque na  súa illa   non hai médico. 
Recetoulle un xarope para cans e agora Manuel non para de soñar. Así coñece un dinorrinco e un hipodrilo, un extraterrestre preguntón e a Alicia, unha nena que vén do País das Marabillas. 







La loca historia de la humanidad. La prehistoria    

Autor: Josep Busquet- Álex López Editorial Montena

Un divertido repaso pola prehistoria con humor, pasatempos, curiosidades e explicacións sinxelas para pasalo en grande. 
Neste percorrido acompañarate a familia  máis tola e aventureira de toda a historia.
Descubre todo o que hai  que saber sobre a orixe da humanidade..



Sira e o robot

Autor: Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños Edicións Xerais

Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Sira, xunto co seu robot, decide ir a  un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. 
Unha aventura espacial.

La lección de August
Autor:R.J. Palacio Editorial Nube de Tinta




A súa cara faino distinto. August  ten 12 anos, sae pouco, é un fan de A guerra das  Galaxias e foi educado en casa pola súa nai.  Este ano vai ir, por primeira vez, á escola.  Alí terá días moi duros, facerá amigos e aprenderá a aceptarse tal como é.       








Ningún comentario:

Publicar un comentario