martes, 9 de xuño de 2015

LIBROS RECOMENDADOS 1º E 2º DE PRIMARIA


Almanaque musical
Autor: Antonio Rubio Editorial Kalandraka


“Almanaque musical” ten doce poemas, un para cada
mes do ano, acompañados por música clásica.
Os versos falan do tempo
a ritmo de vals, tocata ou sinfonía.




Estrambólicos
Autor: José Jorge Letria Editorial La Fragatina


Os estrambólicos son unhas criaturas extrañas que poden cambiar de aspecto e de nome. Este libro preséntanos 4.096 personaxes diferentes. Un conto para experimentar coas formas e facer malabarismos coas palabras.

 O cullarapo Croque
Autor:  Miguel Ángel Alonso  Editorial Nova Galicia

Un fantástico libro de versos que a nai de Croque lle recitaba cando el era un cullarapo. Páxinas cheas de poesía para achegar aos nenos temas como o amor, os soños, o respecto aos animais…

Ana Zap
Autora: Virginia Brown Editorial SM


Ana Zap é unha nena de nove anos que ten moitos segredos. No seu diario cóntanos algúns: a pelexa con Alicia Silva, as clases de danza, a participación nunha serie de televisión , a súa amistade con Federico e… o segredo máis grande…. Ana Zap é unha bruxa!!!

A rula, o peluche e a nena
Autor: Paco Martín  Edicións Xerais



Esta é a historia dunha rula moi curiosa que se chama Airosiña. Foi a primeira en botar a cabeciña fóra do niño feito polos seus pais. Ten unha inmensa curiosidade que a leva a vivir unha gran aventura. 





Nunca sonrías a un mono
Autor:Steve Jenkins  Editorial Juventud


Este libro trata de criaturas que, se non temos coidado, poden resultar perigosos,
Por que son tan perigosos estes animais?
Que é o que nunca deberías facer se te atopas con algún?

Ningún comentario:

Publicar un comentario