Cadros dunha exposición
Autor: José Antonio Abad Editorial Kalandraka
A gansa Ocazul pasa todos os días por diante do Museo de San Petersburgo. Ela vainos guiar polo Museo contemplando as pinturas do artista Viktor Hartmann.
Mentres escoitaremos a obra
que Modest Mussorgsky compuxo en memoria do seu amigo.
Vuela, Yoa, vuela
Autor: Jeanette Randerath y Daniele Winterhager Editorial
Juventud
A historia de Yoa desenvólvese durante a longa época da
Idade de Pedra, hai uns 18000 anos cando o clima de Europa era glacial.
Este conto
introdúcenos no modo de vida cotián e
nas crenzas espirituais dos nosos antepasados.
O detective de Nullabor
Autor: Antonio Yánez Casal
Editorial SM
Unha estraña epidemia esténdese por Australia. Os contos están cambiando, xa non son como
antes e os nenos non poden durmir. Quen mellor que Etelvino Chouteiro,
detective marsupial, para investigar o misterio?
El jardín de las delicias. El Bosco
Autor: Amaya Bozal
Editorial Antonio Machado
Este libro conta a historia dun famoso cadro "O xardín das
delicias", pintado por Hieronymus Bosch, O Bosco, que se atopa no Museu do Prado. Os rapaces e
os adultos poderán contemplar e intentar
resolver algúns dos enigmas e acertixos que esta maravillosa obra nos presenta.
Los superhéroes odian las alcachofas
Autor: Sébastien
Pérez Editorial Edelvives
Quen non quere ser un superheroe? O superheroe Fosfo
ensinanos todo sobre o seu mundo: retratos, aventuras, testimonios
exclusivos...
Pero, se tes poderes,
evita as alcachofas!
Ilustracións en 3D con gafas para disfrutalas.
Rubicundo
Autor: María Canosa
Edicións Xerais
Todas as noites Erea espertaba co ruído da bicicleta do seu
veciño, unha daquelas antigas que tiñan unha
roda grande diante, e outra pequena detrás. O veciño chamábase Rubicundo. e
todas as noites subía na bicicleta e comezaba a viaxe enriba dunha árbore do
xardín e perdíase de vista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario