luns, 31 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS 5º E 6º DE PRIMARIA


BRUNO SE HACE MAYOR
Mònica Peitx            
Editorial Juventud

Bruno ten 10 años e nota que o seu corpo está cambiando. Acompaña  a Bruno na aventura de medrar!
Escrito por unha pediatra-endocrinóloga, Bruno é  un libro para falar da pubertade masculina e recalca a importancia de manter uns hábitos saúdables.


VERMELLA     
Sabela  Losada Cortizas                Editorial Baía

Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente?   
 Vermella saca á luz un tema tabú como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte dos rapaces protagonistas.




Ulf de Jakobsland
Alberto Varela Ferreiro               Edicións Xerais


Un  conde danés arriba ás costas de Faro Brigantium, para peregrinar ata Santiago de Compostela,  terra onde se fixo famoso como guerreiro.
No ano 844  os viquingos chegaron  ve ata o reino de Gallaecia, coñecido como Jakobsland, nunhas incursións que rematarían coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia.



Diario de una mocosa
Ingrid Chabbert y Annette Boisnard          Editorial Bang

 


É espantoso ter que aguantar aos meus pais! Non me deixan  sair nunca, nin vestirme como quero... Só  dan ordes e berran!

 Pois vou facer coma eles! Durante un ano enteiro voulles facer a  vida imposible, como eles fan comigo.

Que se preparen!!!


Hermes, aprendiz de mago
Manrique Fernández       Editorial Galaxia

Velaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.
Así e todo, ten ganas de aprender. Unha obra divertida onde os pucheiros, as vasoiras e as partes todas da casa falan e volven máis tolo aínda o noso protagonista.


Los maravillosos experimentos de Jorge
 Roald Dhal                                                Editorial Santillana
 JORGE LOCATIS creou unha medicina marabillosa para a súa vella e desagradable avoa. Está claro que ti NON PODES facer iso.
 Pero, aquí tes un pouco de CIENCIA INCRÍBLE que podes probar! Dende a fabricación de BLANDIBLÚ ata a creación dun VOLCÁN, estes divertidos experimentos son fáciles de realizar


Ningún comentario:

Publicar un comentario