Autor: Hirotaka Nakano
Editorial Lata de Sal
Hoxe é un
día marabilloso. Por iso Elefante sae a dar un paseo. Atópase con Hipopótamo,
con Crocodilo e con Tartaruga. Todos queren pasear con Elefante, pero...
subidos no seu lombo!!!! Poderá con
todos?
Una casa a la medida
Autor: Petr Horáček Editorial Juventud

O ratiño
atopou unha mazá moi grande pero como
non pode metela na súa pequena casa sae
a buscar unha casa nova. Pero todas as casas están ocupadas e os seus
habitantes non quçreen compartilas. Atopará unha casa para el e a súa enorme
mazá?
ESTACIÓN NADAL
Autor: Mamá Cabra Editorial Galaxia
Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono
e inverno. Pero é mentira. Hai unha máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano,
porque é tempo de agasallos, de cancións, de vacacións…
La vaca que se
subió a un árbol
Autor: Gemma Marino Editorial Picarona

Tina é unha vaca moi curiosa: encántalle explorar,
descubrir e soñar. Tina ten tres irmás que só pensan en comer herba fresca e pensan que Tina é moi
rara.. Tina vailles ensinar que hai cousas
marabillosas que descubrir
LAS CUATRO ESTACIONES DEL GRAN ÁRBOL
Autor:Patricia
Hegarty Editorial Bruño
Unhas
preciosas ilustracións, para explicar as estacións do ano mirando o que lle
sucede a unha árbore: follas, froitos, clima, animais …
Con troquelados que nos descubren o lugar onse se agachan os diferentes animais.
O AVÓ DE ZULEIMAR
Autor: Juan Carlos Méndez
Guédez Editorial OQO
Zulaimar non tiña
avó pero
todas as súas amigas tiñan un. Polas tardes ían con eles ao parque e tomaban
xeados. e facían debuxos na area.
Zulaimar decidiu construír un avó para ela. O seu invento non funcionou á
primeira pero….
Ningún comentario:
Publicar un comentario