martes, 8 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA



Bolobo
Autor: Nono Granero  Editorial Milrazones




Bolobo é un mono "diferente"xa  que naceu sen extremidades superiores. Pero non é   débil, é forte e alegre  e sorprenderá a todos
co seu valor e astucia,  Unha historia de superación que nos fai reflexionar sobre os prexuizos da nosa sociedade.

Lendo lendas digo versos
Autor: Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa  Edicións Xerais

 Neste libro atoparemos, vinte lendas con cadanseu poema. Son lendas tradicionais, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática. Cada unha destas lendas vai acompañada dun poema cheo de musicalidade e  misterio.
  
Nena e o mar  
Autor:Érica Esmorís  Edicións Xerais



Otto  sae ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla,, ao coidado dos habitantes da vila. Un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas e Nena emprenderá pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.




 Los forasteros del tiempo
Autor: Roberto Santiago  e Enrique Lorenzo Diaz    Editorial SM



Fóramos mercar  unhas  bicis vermellas, preciosas, fantásticas e noviñas.
Estabamos no parking, subidos nelas, preparados para pedalear, cando oimos  un ruido no ceo, vimos  un tremendo resplandor branco, un lóstrego que cae e, de súpeto
… estabamos no salvaxe Oeste



Os espíritos azuis
Autor: Ramón Marcos  Editorial El Patito



Silvana é unha rapaza aventureira que viaxa co seu tío Hércules á selva de Sumatra. Antes de chegar ó destino final tío e sobriña vense envoltos nun misterioso caso relacionado cuns demos que atacan ós arqueólogos dunha escavación en Exipto. O papel de Silvana na resolución deste misterio voltase determinante.

¿Por qué hay todo y no nada?
Autor: Richard David Precht.. Editorial Siruela


Un libro de filosofía para rapaces que queren saber máis sobre os temas que nos moven ao longo da vida e intentan responder a preguntas fundamentais:
Por que os seres humanos teñen preocupacións? Que é a beleza? Podemos ser felices?


Ningún comentario:

Publicar un comentario